Skip to Content

Taboleiro de anuncios

BOLSAS (BECAS) DE COMEDOR CURSO 2024/25

O mércores, 17 de abril, o Concello abre o prazo para presentar as solicitudes de bolsas comedor para o vindeiro curso escolar. O prazo estará aberto ata o 8 de maio. A convocatoria diríxese ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña e matriculado en centros educativos de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, ESO, bacharelato e FP.

A documentación para estas axudas poderase presentar no rexistro telemático da sede electrónica municipal ou de forma presencial nos rexistros de:

  • María Pita,
  • Centro Sociocultural Ágora,
  • Fórum Metropolitano,
  • rúa da Franxa e 
  • Centro Cívico de Novo Mesoiro.

Na web tamén se poden descargar os formularios para levar a cabo o proceso.

As persoas interesadas poden recibir máis información nos centros cívicos municipais, no teléfono de atención cidadá 010 é na web http://www.coruna.gal/servizossociais.

RECORDAMOS QUE A CONCESIÓN DUNHA BOLSA DE COMEDOR NON SIGNIFICA TER PRAZA NO COMEDOR.

UNHA VEZ CONCEDIDA A BOLSA TEÑEN QUE SOLICITAR A PRAZA NO COMEDOR ESCOLAR DO COLEXIO.

Ademais, para facilitar a presentación de solicitudes e a resolución de dúbidas sobre a convocatoria, realizaranse sesións informativas nos centros cívicos municipais nas seguintes datas:

  • 24 de abril, mércores, centro cívico Os Mallos ás 18.00 h.
  • 25 de abril, xoves, centro cívico Mesoiro ás 20.00 h.
  • 26 de abril, venres, centro cívico Monte Alto ás 11.30 h.
  • 30 de abril, martes, centro cívico San Diego ás 10.30 h.

PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025

 

Documentación necesaria

  • Copia do DNI/NIE/pasaporte das persoas proxenitoras.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (libro de familia/DNI/partida de nacemento).
  • No caso de optar a un curso de Primaria, deberán achegar tamén certificación de matrícula do centro de procedencia.

A efectos de comprobación, é necesario presentar o orixinal de todos os documentos fotocopiados.

Logo de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicando no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

 

Prazos (de 9:30 a 13:30 horas)

  • 1 ao 20 de marzo de 2024: presentación solicitude.
  • 21 de marzo a 11 de abril: presentación documentación acreditativa en caso de baremar.
  • 25 de abril: listaxe provisional de admitidos e non admitidos.
  • 15 de maio: publicación das listaxes definitivas.
  • Do 20 ao 30 de xuño: formalización matrícula.

Documentos e impresos

Lexislación básica

As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda Timbre) ou no propio centro. 

BO NADAL!

 

Prezadas familias:

Nesta época tan especial, o claustro de profesores e profesoras do CEIP Raquel Camacho queremos expresar o noso máis sincero agradecemento por confiar en nós para a formación e educación dos seus fillos e fillas. A súa confianza impúlsanos a seguir medrando e mellorando. Agardamos que estas festas estean cheas de paz e alegría e que gocen de bos momentos xunto aos seus seres queridos.

Felices Festas e que o próximo ano estea repleto de éxitos, aprendizaxe e novas oportunidades para todas e todos!

Vémonos de novo o luns día 8 de xaneiro de 2024.

Distribuir contido


by Dr. Radut