Skip to Content

Taboleiro de anuncios

PATIOS ACTIVOS

Álbum: CURSO 2019-2020 -> Patios activos

Desde o ano pasado, un grupo de alumnos e alumnas organizan voluntariamente xogos no patio e (tamén voluntariamente) os nenos e nenas súmanse a eles en masa. Hai bailes, dianas, aros, pelotas... De todo con tal de gozar do tempo de lecer. 

GAÑADORES/AS DO CONCURSO DO "VIVEIRO EXPRESS"

Lembras que te dixemos que, se entregabas unha das actividades dos pasatempos do Viveiro Express do primeiro trimestre, podías gañar un premio? Pois, como houbo unha gran participación, non había regalos para todo o mundo e tivemos que sortear 10 premios. Os gañadores e gañadoras dun premio son estes:

  • Eva Sena Grenet (5ºB EI).
  • Adrián Carollo Torres (6º EI).
  • Leo Fernández López (1ºB EP).
  • Thiaba Thiamdoum Gueye (4ºB EP).
  • Lorena Ndiaye Garrido (4ºB EP).
  • Aldara Sánchez Payo (5ºA EP).
  • Mara Calvo Gómez (5ºB EP).
  • Noa Brea González (6ºB EP).
  • Olga Cavielles Pérez (6ºB EP).
  • Raquel Domínguez Senín (6ºB EP).

Os e as afortunadas poden pasar a recoller o agasallo por conserxería.

NOVA ALERTA NIVEL LARANXA

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h, que comezará xoves día 16.01.2020 ás 06.00 horas e prolongarase ata as 19:00 horas. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica da totalidade das provincias de Pontevedra e A Coruña e a Mariña de Lugo.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

  • A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.
  • A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
  • Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

ALERTA NIVEL LARANXA

Distribuir contido

by Dr. Radut