Skip to Content

Taboleiro de anuncios

INFORMACIÓN E NORMAS XERAIS

 

CALENDARIO ESCOLAR 2014-15

DURACIÓN DO CURSO ESCOLAR

O curso escolar abrangue dende o 10 de setembro ata o 19 de xuño ambos inclusive.

PERIODOS VACACIONAIS

-NADAL: do 22 de decembro ao 7 de xaneiro ambos inclusive

-ANTROIDO: do 16 ao 18 de febreiro ambos inclusive.

-SEMANA SANTA: do 30 de marzo ao 6 de abril ambos inclusive.

DÍAS NON LECTIVOS

-31 de outubro- día do Ensino

-8 de decembro- día da Inmaculada

-20 de marzo- día de San Xosé.

-1 de maio- Festa do traballo.

-3 de novembro e 4 de maio-  días concedidos pola Consellería trala aprobación do Consello Escolar.

 

       HORARIO DE ATENCIÓN A NAIS/ PAIS/ TITOR@S LEGAIS

TITOR@S

Luns lectivos durante o curso de 16:00 a 17:00 horas, previa concertación de cita.

DIRECCIÓN

Martes de 09:00 a 09:55 horas.

Mércores de 13:10 a 14:00 horas (excepto días de reunión de Director@s)

Xoves de 09:00 a 09:55 horas.

XEFATURA  DE ESTUDOS

Luns de 09:00 a 09:55 horas.

Martes de 13:10 a 14:00 horas.

Venres de 09:00 a 09:55 horas.

SECRETARÍA

De luns a venres en horario de 12:00 a 13:45 horas.

ORIENTADOR

Concertará citas segundo a súa disponibilidade horaria.

ENTREGA DAS CUALIFICACIÓNS ACADÉMICAS

1ª AVALIACIÓN

19 de decembro

2ª AVALIACIÓN

27 de marzo

3ª AVALIACIÓN

19 de xuño

En cada boletín aparecen rexistradas as faltas de asistencia. No caso de  exceder en nº ás legalmente establecidas ou, de non estar debidamente xustificadas, enviarase unha carta personalizada que será devolta ao centro debidamente asinada pola familia, quedando rexistrada no expediente do alumn@.

 

 

 

 


ORGANIZACIÓN XERAL DO CENTRO

 

   HORARIO

-O alumnado entrará ás aulas ás 09:00 e sairá ás 14:00 horas.

-Despois de acceder ao patio central pola entrada do portalón da pista polideportiva, cada alumn@ debe colocarse na fila que corresponde á súa aula para ir accedendo según indica o profesorado de garda.

-As familias evitarán acompañar ao alumnado á aula, así como ocupar o espacio das filas.

-É fundamental a puntualidade. As chegadas tarde reiteradas serán rexistradas,   acumulativas e de non seren debidamente xustificadas así serán introducidas na aplicación da Consellería.

ENTREVISTAS

-O día de titorias para atención ás familias é os luns de 16:00 a 17:00 horas e concertaranse verbalmente ou por escrito.

-Caso de incompatibilidade co traballo, poderase consensuar co titor/a a visita en horario de mañá ( recreo, hora de dinamización, garda...........)

  ASISTENCIA

-É obrigatoria por lei a asistencia diaria a clase tanto en Ed. Infantil como en Ed. Primaria.

-As faltas serán xustificadas á/ao profesor/a titor/a por escrito según modelo facilitado polo centro para seren introducidas na aplicación informática da Xunta, polo que o seu control será moi riguroso.

-As saídas/entradas do alumnado no centro por visitas médicas durante o horario de clase realizarase pola entrada principal, intentando que as ausencias sexan o máis reducidas posíbel.

-Caso de chegar tarde, débese esperar no vestíbulo a que a conserxe cubra o parte xustificativo para acceder á aula. Caso de nen@s de curta idade, serán acompañad@s por a conserxe ou persoal do centro.

       SAÚDE

-Caso de accidente ou indisposición leve d@ alumn@, será atendid@ pol@ profesor/a titor/a ou na súa ausencia un/unha responsábel do centro.

-En caso de certa importancia será avisada inmediatamente a familia, polo que é imprescindíbel ter actualizados os teléfonos de contacto.

       SAÍDAS

-As saídas a realizar están programadas polo Equipo de Actividades Complementarias Extraescolares tendo en conta as preferencias dos Equipos de Ciclo, aprobadas polo Consello Escolar e contempladas na Programación Xeral Anual.

-As familias recibirán información sobre a visita e o seu costo e deben autorizalas por escrito. Caso de non ter autorización, @ alumn@ quedará no centro debidamente atendid@. 

       ANPA

"A ESPERANZA"

-A Asociación de Nais e Pais de Alumn@s xestiona as actividades extraescolares que se realizan no centro de 16:00 a 18:00 horas, así como os servicios de madrugadores e comedor escolar.

-Están no seu local (1ª porta ao subir polas gradas) no mesmo horario das actividades. Os interesad@s poden facerse soci@s.

  SERVICIOS

-O Programa MADRUGADORES é un servizo ofertado polo Concello de A Coruña e xestionado pola ANPA. Funciona en horario de 07:30 a 09:00 horas, con ou sin almorzo, de maneira regular ou esporádica.

-O COMEDOR ESCOLAR tamén está xestionado pola ANPA, acolle alumnado de tres a doce anos e funciona de 14:00 a 16:00 horas con servicio de catering.

-O TRANSPORTE ESCOLAR, xestionado pola Xunta, desplaza ao alumnado procedente da zona  dos Rosais e arredores.

 NOTIFICACIÓNS

DAS FAMILIAS AO CENTRO

-As familias notificarán ao centro asuntos sanitarios d@s fill@s que consideren relevantes ( alerxias, medicación, enfermedades crónicas que poidan causar crises puntuais, etc.)

-Deberán asinar o impreso de ausencia prolongada d@ alumn@ ás clases adxuntando xustificante ( Secretaría ).

-En caso de baixa  por traslado o pai, nai ou persoa responsábel deberá cubrir e asinar o impreso correspondente en Secretaría.

-Para tranquilidade da comunidade educativa, @s titor@s deberán ser informad@s polos pais/nais/titor@s legais de quen recolle aos/ás nen@s ás 14:00 horas así como se teñen permiso para marchar sós/soas.

 LIBROS DE   TEXTO

-O alumnado de 1º,2º,5º e 6º de Ed. Primaria, previa solicitude seguindo a normativa da Consellería, recibe o vale de axuda estipulado para a adquisición dos libros de texto ( quedan esceptuad@s alumn@s repetidor@s ). Remate de prazo o 30 de xuño.

-O alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria dispón dos libros de texto en préstamo. Só ten que adquirir mediante vale de axuda entregado no centro previa solicitude, o libro de Matemáticas que segundo o Decreto do Plurilingüismo ( DOG 31/08/2010 ) cambia de idioma. Remate do prazo o 30 de setembro.

-O alumnado de Ed. Infantil non entra no Programa de Gratuidade, ao non considerar a lei esta etapa como obrigatoria.

  DATOS DO   CENTRO

CEIP Raquel Camacho

Antonio Pedreira Rios, Nº 13-15

15010- A Coruña

Tfno: 981257154

FAX: 981924276

ceip.raquel.camacho@edu.xunta.es

 

EQUIPO DIRECTIVO

DIRECTOR: Dna. María J. Barreiro Rial

XEFA DE ESTUDOS: Dna. Florinda Antelo Cambeiro.

SECRETARIO: Dna. Rosa María Mosteiro Neira

 

ORIENTADOR: Dn. Xesús Manoel Pazos Moscoso

 

CONSERXE : Dna. Mariel Platas López

 

   

DISFRACES-ENTROIDO

  DISFRACES   ENTROIDO 2011

Estimadas familias:

Con motivo da celebración do ENTROIDO mandamos información para preparar a festa-desfile que terá lugar o venres 4 de  marzo no patio do colexio (se o tempo o permite) . O tema será "A AUGA", dado que é o centro de interese que guía todas as actividades realizadas en este curso así como o tema do PROXECTO VOZ NATURA que estamos a desenvolver.

Dada a amplitude do tema, pedimos a súa colaboración para que os traxes se axusten a el o máis posíbel, polo que ahí van algunhas suxerencias que poden ser posibeis ideas para a vestimenta: pescador@s, mariscador@s, bombeir@s, nubes, deuses do mar, peixes, sereas,.......

 Convidámolos a  que asistan para compartir con toda a comunidade educativa esta festa.

O portón permanecerá aberto a partir das 13:15 horas e pregámoslles ocupen as zonas periféricas do patio por detrás dos bancos onde se sentan @s alumn@s de ed. Infantil sin invadir a zona da pista. Moi especialmente lembramos que @s alumn@s están baixo a responsabilidade de cada profesor/a titor/a ata as 14:00 horas e as familias non poden coller ningún/ha nen@ e separalo do seu grupo de clase por moi fill@ seu que sexa. Polo tanto non poden ser sacados do centro antes da hora de saída. Esta medida tómase polo ben dos seus fill@s.

         As clases reanúdanse o dia 10 de marzo.

 

                                                                           A DIRECCIÓN DO CENTRO

 

Distribuir contido


by Dr. Radut