ORGANIZACIÓN XERAL DO CENTRO
|
HORARIO
|
-O alumnado entrará ás aulas ás 09:00 e sairá ás 14:00 horas.
-Despois de acceder ao patio central pola entrada do portalón da pista polideportiva, cada alumn@ debe colocarse na fila que corresponde á súa aula para ir accedendo según indica o profesorado de garda.
-As familias evitarán acompañar ao alumnado á aula, así como ocupar o espacio das filas.
-É fundamental a puntualidade. As chegadas tarde reiteradas serán rexistradas, acumulativas e de non seren debidamente xustificadas así serán introducidas na aplicación da Consellería.
|
ENTREVISTAS
|
-O día de titorias para atención ás familias é os luns de 16:00 a 17:00 horas e concertaranse verbalmente ou por escrito.
-Caso de incompatibilidade co traballo, poderase consensuar co titor/a a visita en horario de mañá ( recreo, hora de dinamización, garda...........)
|
ASISTENCIA
|
-É obrigatoria por lei a asistencia diaria a clase tanto en Ed. Infantil como en Ed. Primaria.
-As faltas serán xustificadas á/ao profesor/a titor/a por escrito según modelo facilitado polo centro para seren introducidas na aplicación informática da Xunta, polo que o seu control será moi riguroso.
-As saídas/entradas do alumnado no centro por visitas médicas durante o horario de clase realizarase pola entrada principal, intentando que as ausencias sexan o máis reducidas posíbel.
-Caso de chegar tarde, débese esperar no vestíbulo a que a conserxe cubra o parte xustificativo para acceder á aula. Caso de nen@s de curta idade, serán acompañad@s por a conserxe ou persoal do centro.
|
SAÚDE
|
-Caso de accidente ou indisposición leve d@ alumn@, será atendid@ pol@ profesor/a titor/a ou na súa ausencia un/unha responsábel do centro.
-En caso de certa importancia será avisada inmediatamente a familia, polo que é imprescindíbel ter actualizados os teléfonos de contacto.
|
SAÍDAS
|
-As saídas a realizar están programadas polo Equipo de Actividades Complementarias Extraescolares tendo en conta as preferencias dos Equipos de Ciclo, aprobadas polo Consello Escolar e contempladas na Programación Xeral Anual.
-As familias recibirán información sobre a visita e o seu costo e deben autorizalas por escrito. Caso de non ter autorización, @ alumn@ quedará no centro debidamente atendid@.
|
ANPA
"A ESPERANZA"
|
-A Asociación de Nais e Pais de Alumn@s xestiona as actividades extraescolares que se realizan no centro de 16:00 a 18:00 horas, así como os servicios de madrugadores e comedor escolar.
-Están no seu local (1ª porta ao subir polas gradas) no mesmo horario das actividades. Os interesad@s poden facerse soci@s.
|
SERVICIOS
|
-O Programa MADRUGADORES é un servizo ofertado polo Concello de A Coruña e xestionado pola ANPA. Funciona en horario de 07:30 a 09:00 horas, con ou sin almorzo, de maneira regular ou esporádica.
-O COMEDOR ESCOLAR tamén está xestionado pola ANPA, acolle alumnado de tres a doce anos e funciona de 14:00 a 16:00 horas con servicio de catering.
-O TRANSPORTE ESCOLAR, xestionado pola Xunta, desplaza ao alumnado procedente da zona dos Rosais e arredores.
|
NOTIFICACIÓNS
DAS FAMILIAS AO CENTRO
|
-As familias notificarán ao centro asuntos sanitarios d@s fill@s que consideren relevantes ( alerxias, medicación, enfermedades crónicas que poidan causar crises puntuais, etc.)
-Deberán asinar o impreso de ausencia prolongada d@ alumn@ ás clases adxuntando xustificante ( Secretaría ).
-En caso de baixa por traslado o pai, nai ou persoa responsábel deberá cubrir e asinar o impreso correspondente en Secretaría.
-Para tranquilidade da comunidade educativa, @s titor@s deberán ser informad@s polos pais/nais/titor@s legais de quen recolle aos/ás nen@s ás 14:00 horas así como se teñen permiso para marchar sós/soas.
|
LIBROS DE TEXTO
|
-O alumnado de 1º,2º,5º e 6º de Ed. Primaria, previa solicitude seguindo a normativa da Consellería, recibe o vale de axuda estipulado para a adquisición dos libros de texto ( quedan esceptuad@s alumn@s repetidor@s ). Remate de prazo o 30 de xuño.
-O alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria dispón dos libros de texto en préstamo. Só ten que adquirir mediante vale de axuda entregado no centro previa solicitude, o libro de Matemáticas que segundo o Decreto do Plurilingüismo ( DOG 31/08/2010 ) cambia de idioma. Remate do prazo o 30 de setembro.
-O alumnado de Ed. Infantil non entra no Programa de Gratuidade, ao non considerar a lei esta etapa como obrigatoria.
|
DATOS DO CENTRO
|
CEIP Raquel Camacho
Antonio Pedreira Rios, Nº 13-15
15010- A Coruña
Tfno: 981257154
FAX: 981924276
ceip.raquel.camacho@edu.xunta.es
|
EQUIPO DIRECTIVO
DIRECTOR: Dna. María J. Barreiro Rial
XEFA DE ESTUDOS: Dna. Florinda Antelo Cambeiro.
SECRETARIO: Dna. Rosa María Mosteiro Neira
ORIENTADOR: Dn. Xesús Manoel Pazos Moscoso
CONSERXE : Dna. Mariel Platas López
|