Skip to Content

Taboleiro de anuncios

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar. Curso 2017-18

No DOG de hoxe día 22 de maio de 2017 publicase a Orde do 16 de maio de 2017  pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 23 de maio ata o 23 de xuño ámbolos dous inclusive.

Poden recoller o impreso de solicitude no Centro ou descargalo desde este enlace: SOLICITUDE (ANEXO I).

Máis información AQUÍ.

 Data de DE PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS de solicitudes admitidas e excluídas no fondo solidario en E. Primaria no CEIP Raquel Camacho: 05 de xullo de 2017

 Data de PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS de solicitudes admitidas e excluídas no fondo solidario en E. Primaria no CEIP Raquel Camacho: 12 de xullo de 2017 : 

PROGRAMA BOLSAS DE COMEDOR 2017-2018

O xoves 8 de maio de 2017, publícanse no BOP da Coruña as bases que rexen a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da Coruña para o curso 2017-2018.

O prazo para solicitalas será do 9 ao 30 de maio, ambos os dous incluídos.

Os formularios de solicitude específicos para esta convocatoria, poderanos obter nos Rexistros Municipais, nos centros cívicos, na páxina web dos servizos sociais municipais (www.coruna.es/serviciossociales), ou na páxina web da sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l242).

As bases e a información pódense obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

INICIO DE CURSO 2016-17

O inicio das clases en Educación Infantil e Primaria terá lugar o LUNS día 12 de setembro en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Distribuir contido


by Dr. Radut