Skip to Content

Taboleiro de anuncios

PARTICIPA NO CONCURSO DO VIVEIRO EXPRESS!

Non lembras que che dixemos que podías conseguir un agasallo se entregabas na biblio un pasatempos do noso folleto trimestral? Pois, apura, porque o prazo remata este venres, 17.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Logo dunha votación masiva da comunidade educativa do colexio, elixiuse este fermoso e directo lema. O CEIP Raquel Camacho súmase á condena rotunda contra esta pandemia global. Dicimos NON!

 

VOTACIÓN DO LEMA PARA O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O CEIP Raquel Camacho quérese sumar á repulsa a esta lacra creando o seu propio lema. Axúdanos a elixir un que sexa directo, orixinal e impactante. A enquisa pecharase este luns, 25 de novembro, ás 14 horas.

Todas as clases escolleron un lema para esta actividade conmemorativa e realizamos unha pequena escolla. Aquí deixamos as catro frases finalistas.

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

Para a celebración do Magosto o venres, 8 do presente mes de novembro, pedimos que as familias aporten unhas castañas adentadas (picada a pel) para seren asadas e degustadas polo alumnado. Poden traelas os días 6 e 7 do citado mes. Faranse xogos para os diversos cursos durante a mañá.

Cada alumno/a deberá traer da casa unha caixa feita con 2 medios brick e un cordón para colgar do pescozo co fin de usalos como depósito para as castañas e as mondas.

Distribuir contido


by Dr. Radut