Skip to Content

Taboleiro de anuncios

VOTACIÓN PARA ELECCIÓN REPRESENTATES DAS FAMILIAS NO CONSELLO ESCOLAR

O próximo luns, día 22 de novembro, en horario de 17 a 20 horas, celébrase neste centro a votación para a elección de representantes dos pais/nais no Consello Escolar do colexio.

Teñen dereito a votar todos os pais/nais/titores legais que figuren no censo.

O voto será directo, secreto e non delegable. As papeletas facilitaranse no centro.

Cada elector deberá marcar cunha cruz un máximo de 1 nome dos candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do DNI ou similar.

Candidaturas

  1. Ivanna Babenko
  2. Mª Isabel Bermejo Martínez
  3. Verónica Emilia Espiñeira Fandiño
  4. Daneisy Gil Camba
  5. Vanessa Senín Rodríguez

A dirección deste colexio anima a todos a que participen na votación, como unha forma mais de colaboración na organización do centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

APERTURA PRAZO PARA SOLICITAR MÁSCARAS PARA O ALUMNADO DE E. PRIMARIA

Consulta toda a info premendo na imaxe de enriba.

Descarga aquí a solicitude.

Máis info en:

LOGO GAÑADOR NO CONCURSO DE IDEAS

Xa temos logo oficial do colexio!!!

Hai unhas semanas convocouse un concurso de ideas entre as rapazas e rapaces de 5º e 6º de EP. O alumnado que máis tempo leva no colexio debía imaxinar un logo que representara o noso centro. O xurado decidiu conceder o primeiro premio ao seguinte debuxo:

 

Hoxe á mañá, a directora fíxolle entrega do premio e o diploma á gañadora. Parabéns, Nerea!

Despois de realizar as pertinentes adaptacións, o logo resultante (e que vai representar ao colexio nos vindeiros anos) pódelo ver ao comezo deste artigo.

Distribuir contido


by Dr. Radut