Skip to Content

Taboleiro de anuncios

DÍA NON LECTIVO

Informamos que o día 16 maio foi concedido pola Xefatura Territorial como día non lectivo. O día 17 de maio tampouco será lectivo por ser día das Letras Galegas. Polo que non haberá clase desde o sábado día 14 ao martes, día 17 de maio, ambos os dous incluídos.

PROGRAMA CÓXEGAS 2022

Xa está aberto o prazo de inscrición para o programa de conciliación familiar e laboral CÓXEGAS.

O prazo remata o día 9 de maio de 2022.

Poden realizar a inscrición online premendo na imaxe de enriba ou máis información sobre o programa aquí.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2022/23

Desde hoxe están expostas no taboleiro do colexio as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido para o curso que vén. Dispós de 5 días para presentares reclamacións.

Distribuir contido


by Dr. Radut