Skip to Content

Taboleiro de anuncios

BO NADAL!

 

Prezadas familias:

Nesta época tan especial, o claustro de profesores e profesoras do CEIP Raquel Camacho queremos expresar o noso máis sincero agradecemento por confiar en nós para a formación e educación dos seus fillos e fillas. A súa confianza impúlsanos a seguir medrando e mellorando. Agardamos que estas festas estean cheas de paz e alegría e que gocen de bos momentos xunto aos seus seres queridos.

Felices Festas e que o próximo ano estea repleto de éxitos, aprendizaxe e novas oportunidades para todas e todos!

Vémonos de novo o luns día 8 de xaneiro de 2024.

SE NON A TES NO TEU MÓBIL, INSTÁLAA!


O CEIP Raquel Camacho, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, sérvese de abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos e fillas a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

AVISO: NOVO ENDEREZO ELECTRÓNICO DE ORIENTACIÓN

O departamento de orientación ten un novo enderezo de correo electrónico para comunicarse con el (ver contacto aquí):

orientacion.ceip.raquel.camacho@edu.xunta.gal

O anterior deixará de estar operativo para este fin.

Distribuir contido


by Dr. Radut