Skip to Content

Extraescolares

ACTIVIDADES SUBVENCIONADAS POLO CONCELLO

 

Como sabedes, o programa Cóxegas desenvolverase todas as tardes do 11 ao 30 de setembro, en horario de 16:00 a 18:00 h.

A partir do 1 de outubro e ata o 31 de maio impartiranse as diferentes actividades extraescolares que ofertamos a través da federación de Anpas, a empresa Innova (danza urbana, inglés, robótica e talento dixital - youtubers) e monitores particulares.

Nos seguintes días recibiredes a oferta completa de todas as actividades, pero agora informámosvos da incripción nas actividades da federación e Cóxegas.

Usarase o mesmo impreso para Cóxegas (só vos podedes inscribir para o periodo de setembro) e para as actividades da federación que se impartirán do 1 de outubro ao 31 de maio.

Adxuntamos o tríptico e a folla de inscripción.

 

No tríptico aparecen moitas actividades pero as que ofertamos nos son as seguintes:

  • XADREZ (3º,4º,5º e 6º PRIMARIA): luns e mércores de 17:00 a 18:00 h.
  • BALONCESTO (3º,4º,5º e 6º PRIMARIA): martes e xoves de 17:00 a 18:00 h.
  • FUTBOL SALA (3º,4º,5º e 6º PRIMARIA): luns e venres de 17:00 a 18:00 h.
  • PREDEPORTE ( 1º e 2º PRIMARIA): mércores de 17:00 a 18:00 e xoves de 16:00 a 17:00 h.
  • NATACIÓN (3º e 4º PRIMARIA): luns de 16:15 a 17:00 h. (Prezo: 53,47 € todo o ano) (Piscina de Riazor - transporte inclúido).
  • Programa de Ocio Educativo (POE): (ED. INFANTIL, 1º, 2º, 3º e 4º PRIMARIA). Esta actividade se oferta todos os días da semana de 16:00 a 18:00 h e o custo varía en función do número de días.

Neste curso, como novidade, non se fará o pago na propia Anpa, senón se que fará por domiciliación bancaria, e poderedes optar por dúas modalidades de inscrición:

  1. On line: Cada familia, utilizando esta ligazón (preme aquí) fará unha inscrición por alumno/a na que se inclúe, como campo obrigatorio a cubrir, a petición dos datos de domicialición bancaria. 
  2. Na propia ANPA. Como se fixo habitualmente, a Anpa recollerá as inscricións e o cobro farase tamén mediante domiciliación bancaria.

NATACIÓN FEDERACIÓN 2019/2020

 

Vai dirixido aos nenos/as de 3º e 4º de primaria.

Horario

Luns 16:15 - 17:00 h na piscina municipal de Riazor.

Prezo

53,47 € todo o curso por participante. (A ingresar na conta da Anpa).

A inscripción no programa inclue transporte gratuito para os participantes (dende a parada do bus da Ronda de Outeiro (Eva)) e cobertura sanitaria.

Duración do curso

Do 01/10/2019 ata o 27/05/2020.

Xa podedes pasar polo local da Anpa para inscribirse. Recordámosvos que ata o 20 de setembro estaremos todas as tardes de 16:00 - 18:00 h.

MOSTRA NAVIDEÑA DE PATINAXE

Como todos os anos por estas datas, os nenos de patinaxe fixeron unha preciosa demostración. 

Grazas a todos pola vosa participación!!! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut