Skip to Content

Extraescolares

CÓXEGAS SETEMBRO 2023

Do 1 ó 5 de setembro ás 23:59 está aberta a inscripción en CÓXEGAS, programa de actividades de luns a venres de 16h a 18h.

CÓXEGAS será do 11 setembro e rematará o 29 do mesmo mes, xa que en outubro comenzarán as actividades extraescolares ordinarias (Aínda non está aberto o prazo de inscripción).

Este ano CÓXEGAS custará 15€ e os beneficiarios da bolsa comedor terán un desconto do 50% (pagarán 7'5€).

Ademáis aboaranse unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes que cubrirá tódalos programas xestionados pola Federación de ANPAs no curso 23-24. 

O enlace para inscribirse é este: 

http://www.fedapascoruna.org/inscripciones

Contacto para dúbidas:

inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org

ou nos teléfonos 649055939 – 698158503

PROGRAMA MUNICIPAL NATACIÓN ESCOLAR PARA 3º E 4º PRIMARIA

 

A través do Servizo Municipal de Deportes do concello da Coruña, ofertamos a actividade de natación para @s nen@s de 2º ciclo de Educación Primaria: 3º e 4º de primaria.

IMPORTANTE: PRAZO DE INSCRICIÓN DO 12 AO 23 DE SETEMBRO DE 2022

Horario

Luns 16:15 - 17:00 h na piscina municipal de Riazor.

Horario bus: 
- Recollida 15:45 Horas - Lugar: Parada Bus Ronda de Outeiro. Comercio Eva
- Entrega 17:30 Horas - Lugar: O mesmo

@S NEN@S TEÑEN QUE ESTAR ACOMPAÑADOS POR UN ADULTO EN TODO MOMENTO ATA QUE SUBAN AO BUS, E CANDO BAIXEN.

Prezo

53,47 € todo o curso por participante.

A inscripción no programa inclue transporte gratuito para os participantes (dende a parada do bus da Ronda de Outeiro (Comercio Eva)) e cobertura sanitaria.

Duración do curso

Do 3 de outubro de 2022 ata finais de maio de 2023.

Número prazas: 20.

A inscrición e pago poderase realizar por orden de chegada, entregando a folla de inscrición debidamente cuberta na Piscina Municipal de Riazor.

Será necesario pedir cita previa no seguinte enlace:

 

https://citaprevia.coruna.gal/citaprevia/?idCliente=3 , DEPORTES - PALACIO DE LOS DEPORTES DE RIAZOR, Cita previa Deportes

MÁIS INFORMACIÓN PARA @S NAIS/PAIS

RECORDAMOS QUE PARA INSCRIBIRSE EN CALQUERA ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR QUE OFERTE A ANPA TEDES QUE SER SOCI@S DO ANPA

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 

Ábrese o prazo de inscripción nas seguintes actividades extraescolares que ofertamos a través da Federación de Anpas e do Concello. 

Todas as inscricións faranse online na web http://www.fedapascoruna.org/inscripciones

Para inscribirse tede en conta o seguinte: 

- Tedes que ser soci@s da Anpa (podedes facervos socios premendo aquí)

- Hai que aboar 4€ por nen@ en concepto de seguro, con independencia do numero de actividades ás que acuda, que se cargará no número de conta facilitado no formulario de inscrición.

As persoas beneficiarias da bolsa comedor están exentos do pago da cota da actividade, non así do seguro de accidentes.

Tamén comentar que igual alguna actividade non se chega a facer senon chegamos ao mínimo de 10 nenos.

 

PRAZO DE INSCRICIÓN

Do 12 ao 18 de setembro de 2022.

 

PERÍODO DE REALIZACIÓN

Do 3 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023.

 

COTAS TRIMESTRAIS A ABOAR

Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 22/23 nos seguintes períodos:

• Período outubro-decembro: 15€ por participante e escola deportiva/obradoiro / 45€ por Inglés.

• Período xaneiro-marzo: 15€ por participante e escola deportiva/obradoiro / 45€ por Inglés.

• Período abril-maio: 10€ por participante e escola deportiva/obradoiro / 30€ por Inglés.

 

COLORÍN COLORADO. Contacontos

Actividade de contacontos que fomenta o gusto pola lectura á vez que potencia a imaxinación, curiosidade e a creatividade introducíndoos noutros mundos: reais ou fantásticos. Os contos, historias ou poemas permitirán expresarnos oral e corporalmente; inventando e recreando novos contos e personaxes, apropiándonos das palabras e desenvolvendo así valores estéticos e éticos. 

MANITAS. Expresión Plástica e Manualidades

Combinación de diferentes artes plásticas desenvolvendo a creatividade e imaxinación así como o potencial artístico de cada neno ou nena á través da manipulación e experimentación con diferentes materiais e técnicas.

 

COMECOCOS. Xogos de Lóxica Matemática

A través da variedade de xogos de lóxica matemática como crebacabezas, ilusións ópticas, parellas, enigmas ou xogos de taboleiro, desenvolveranse habilidades cognitivas como a observación, atención, comprensión, memoria, organización, toma de decisións, xestión emocional e velocidade de pensamento. 

 

XENIOS. Xogos de Lóxica Matemática

A través da variedade de xogos de lóxica matemática como crebacabezas, ilusións ópticas, parellas, enigmas ou xogos de taboleiro, desenvolveranse habilidades cognitivas como a observación, atención, comprensión, memoria, organización, toma de decisións, xestión emocional e velocidade de pensamento. 

 

 TEATRO. Dramatización

 Experimentar o pracer de facer teatro, mediante o xogo escénico, a improvisación e a   aprendizaxe de técnicas teatrais, desenvolvendo a expresión oral e corporal e mellorando   a súa capacidade comunicativa, creativa e interpretativa, ademais de traballar habilidades   sociais.

 

SCAPE ROOM. Pensamento lóxico matemático

Xogo baseado no desenvolvemento das habilidades mentais para a solución de enigmas e problemas. Os nenos e as nenas traballando en grupo poñerán en xoga a creatividade e o pensamento crítico para ir superando diferentes probas ou retos e así resolver a proba. O obxectivo é saír dunha sala (pode ser virtual) dentro do contexto e recreación dunha historia, e para iso os xogadores deberán usar todas as súas capacidades intelecturais, creativas e de razoamento deductivo.

 

ENREDADOS. Novas tecnoloxías.

Descubrir e coñecer a utilidade e o manexo das novas tecnoloxías como ferramenta e complemento á formación dos nenos e nenas, iniciándoos no manexo básico do ordenador ou tableta e fomentando o seu uso razoable e responsable. Os contidos serán: - A introdución á informática e contorna Windows; - O procesador de texto; - Presentacións en power point ou otras app; - Internet, procuras guiadas; O correo electrónico. Os contidos desenvolveránse segundo o nivel do grupo.

Distribuir contido


by Dr. Radut