Skip to Content

Voz Natura

O HORTO DO COLEXIO NO MES DE MAIO

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> VOZ NATURA MES DE MAIO

Estamos na recta final deste curso e así está o noso horto, non todo o esplendoroso que nos gustaría pero a climatoloxía non nos axudou.

Reciclamos envases para darlles unha segunda vida (para semilleiros, para empaquetar as verduras); empregamos abonos ecolóxicos para evitar que os bichiños estropeen as raíces das plantas (terra de diatomeas); combinamos cultivos; vimos que, ás veces, non é preciso nin sementar nin plantar porque se caen á terra as sementes das primeiras plantas, a natureza por si soa fai que xerminen no momento axeitado (tomates, canónigos e pirixel); nas aulas experimentamos distintos xeitos de reproducir plantas: con sementes, follas e esgallas; por falta de espazo para todos os que se apuntan como voluntarios, plantamos as cebolas en macetas e levarémolas para as casas para coidalas.

Agora quédanos coidalo e agardar a ter unha boa colleita. No caso das patacas e as cenorias teremos que agardar á volta das vacacións de verán pero iremos vendo como medran.

MURAL PARA O CONCURSO "DEBUXANDO A NATUREZA" 6º EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> CONCURSO "DEBUXANDO A NATUREZA" 6º EI

O grupo naturalista Hábitar e Coawa convocaron un concurso para elaborar un mural coa flora e fauna da presa de Cecebre. As aulas de 6º de infantil apuntámonos e estamos á espera da resolución do xurado.

Desexádenos moita sorte!!

CICLO DOS VERMES DE SEDA 6ºB EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> VERMES DE SEDA 6ºB EI

No mes de marzo empezaron a nacer os oviños que puxeran as bolboretas a finais do curso pasado. Así empezou o novo ciclo biolóxico destes bichiños.

Alimentámolos coas follas da nosa moreira porque non comen outra cousa. Medran moi rápido e agora, despois de encerrarse nas súas casiñas nas que se producirá un proceso máxico, estamos agardando a que saian eses vermes transformados en bolboretas e que poñan ovos, de novo, para poder coidalos o vindeiro curso.

Desta vez temos pensado facer un traballo especial cos capullos. A ver se nos queda chulo.

TRABALLOS EN ABRIL-EQUIPO VOZ NATURA

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> VOZ NATURA MES DE ABRIL

Este mes foi moi variado na climatoloxía. Pasamos de temperaturas moi altas, polo que tivemos que regar, a outra vez baixas e moita choiva.

Todo isto fixo que tiveramos que sementar de novo en moitos dos bancos. Pero, tamén, dounos a opción de plantar cousas novas. Imos probar coas patacas a ver que recollemos cando volvamos das vacacións de verán.

Distribuir contido


by Dr. Radut