Skip to Content

Voz Natura

PROXECTO VOZ NATURA PARA O CURSO 2020-2021

Un curso máis desde o colexio Raquel Camacho participamos en Voz Natura, o programa de educación medioambiental promovido por La Voz de Galicia.

 

CARTAZ VOZ NATURA 2020-2021

Imaxe: La Voz de Galicia

 

O coidado da natureza forma parte da nosa vida e da nosa saúde, de ahí que renovemos o noso compromiso cun modelo educativo de escola verde que semella para nós non só o camiño máis respectuoso, senón tamén o máis sustentable a longo prazo.

A situación de crise global sanitaria da COVID-19 que estamos a vivir desde o pasado curso, sitúa a mirada de toda a comunidade educativa no imperativo de colaborar e corresponsabilizarse en prol dunha contorna escolar saudable e segura. Ademais das medidas preventivas, tanto colectivas coma individuais, no marco do proxecto Voz Natura queremos contribuir ao desenvolvemento de iniciativas para dinamizar e promover hábitos de vida activa, saudable e sostible no noso colexio.

Velaquí tedes o lema de traballo para este curso:

 

En marcha! 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut