Skip to Content

Voz Natura

MOMENTO DE PLANTAR NO NOSO HORTO

Álbum: CURSO 2022-2023 -> PLANTACIÓN DE MARZO

Coa chegada da primavera chega o momento de plantar o noso horto. Todo o alumnado, desde primeiro ata sexto, fixo semilleiros ou puxo plantas. Agora, agardamos que medren e poder ter boa colleita.

COIDADOS DO HORTO E PLANTACIÓN

Álbum: CURSO 2022-2023 -> COIDADOS E PLANTACIÓN 1

Estamos en plena actividade no noso horto. Toca limpar e poñer a punto, plantar e facer sementeiras para poder poñer as novas plantas nos nosos bancos.

Hoxe tocoulle aos de primeiro de primaria facer os seus semilleiros: tomates e chícharos.  Onte, os de 3º puxeron pementos, brócoli e repolo. Unhas rapazas de 5º de primaria recolleron perexil e canónigos.  E, algúns pequerrechos de infantil limparon as herbas que había arredor dos bancais do seu patio. Alí atoparon algún bichiño que vive feliz e contento debaixo da terra do noso horto.

Seguirémosvos contando como vai este traballo.

FESTA DE ENTROIDO 2023

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Festa de Entroido 2023

Levabamos facéndolle caso aos mandados do Meco toda a semana e o venres tocaba desfile. O tema central (Voz Natura) era a horta e pola pista desfilaron todos os elementos que te podes atopar nela: agricultores/as, abellas, bolboretas, amorodos, xoaniñas...

A horta de Balbina non seremos, mais pouco lle falta. Risa

COIDADOS NO NOSO HORTO ESCOLAR

Álbum: Educación Primaria 2022-2023 -> VOZ NATURA OUTONO-INVERNO

Desde o mes de setembro realizamos traballos de coidados, recolleita e sementeiras no noso horto.

Recollemos berza, brócoli, coliflor, pementos, leitugas, lombarda, repolo...

Agora, en xaneiro, fixemos sementeiras de cenouras, leituga, chícharos... que seguirán coidando nas casas ou plantaremos nun banco de cultivo.

Agardamos ter boa colleita!

Distribuir contido


by Dr. Radut