Skip to Content

Voz Natura

OS TRABALLOS DESTE CURSO NO HORTO DO NOSO COLE

Álbum: 1_Educación Primaria 2023-2024 -> VOZ NATURA DE SETEMBRO A MARZO

Este curso empezamos recollendo os allos que plantaramos o curso pasado e fomos recollendo algunhas verduras que se nos foron dando: espinacas, asa de cántaro, rábanos, pirixel e pouco máis porque con tanta choiva non nos naceron as sementes e outras plantas non medraron como debían. 

Seguimos preparando os bancos e seguimos sementando. A ver se agora, coa chegada da primavera, conseguimos que as nosas sementes xerminen e medren as plantas.

O VOLUNTARIADO DE VOZ NATURA E AS PIPOCAS

Álbum: 1_Educación Primaria 2023-2024 -> FACENDO PIPOCAS - PRIMARIA

Aquí están os voluntarios e voluntarias de Voz Natura disfrutando das pipocas que cultivamos na nosa horta. Bueno, recurrimos a axuda porque as que plantamos e recollemos eran poucas.

Boísimas!!

FACENDO PIPOCAS CO ALUMNADO DE VOZ NATURA

Álbum: 1_Educación Primaria 2023-2024 -> FACENDO PIPOCAS - PRIMARIA

Despois de ter sementado millo para pipocas o curso pasado, agora tocaba probalas. Boísimas!!!

Aquí vai unha pequena escolma de fotos. Dicir que aínda faltan aulas de segundo e primeiro de primaria. Aproveitamos os recreos cando chove para esta actividade.

O perfecto sería poder comelas disfrutando dunha película pero o tempo non nos dá.

Distribuir contido


by Dr. Radut