Skip to Content

Voz Natura

SEMENTEIROS

Xa temos os primeiros sementeiros preparados!

Queredes saber de que son? Picade nos enlaces.

 

ENLACE

 

 

ENLACE

 

Estamos desexando ver as nosas plantiñas e plantalas no noso pequeno horto cando chegue a primavera!

PLANTANDO AMORODOS

Nas últimas semanas estivemos aproveitando a pouca tregua que nos deron as borrascas para realizar limpeza dos bancais de amorodos e repoñer con novas plantas aquelas que secaran ou non se deran no curso pasado.

Fai clic no vídeo se queres vernos Coas mans na terra!

En diante, ocuparémonos dos traballos de limpeza, rega e mantemento. Ao tempo que imos vendo a evolución das nosas plantas e agardamos con ilusión unha colleita de fermosos e saborosos froitos.

 

BO CAMIÑO!

FABRICANDO O NOSO PROPIO COMPOST

Como xa saberedes, este mes de xaneiro no cole estamos a facer unhas merendas moi saudábeis. Mandarinas moi saborosas (están xusto no seu tempo por seren froitas do inverno), plátanos e arandos que moitos e moitas vos animastes a probar. 

A cousa non queda ahí... Entre todos e todas conseguimos rematar de encher o composteiro no que botamos os restos da poda (que vimos de facer), das merendas con froita e da limpeza dos bancais. 

 

Desde o Equipo Voz Natura do cole queremos agradecervos a todos e a todas a vosa colaboración.

   

Picade na imaxe se queredes saber máis sobre a compostaxe no colexio.

 

Bo Camiño!   

NADAL SOSTIBLE

Pica na imaxe se queres ler algunhas ideas para celebrar un Nadal sen plásticos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut