Skip to Content

Voz Natura

PRODUCCIÓN DO NOSO HORTO NO VERÁN

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> O NOSO HORTO NO VERÁN

Despois de ter plantado, ao longo do verán vimos o resultado da nosa plantación: tomates, cherris, amorodos,  uvas, pementos que, os nosos peques levaron á casa e disfrutaron das súas ensaladas, merendas na praia, compartiron coa avoa, ...  

Así inícianse nunha alimentación saudable que facilitará un desenvolvemento axeitado. Bo proveito!!!

OS XOGOS DA RECICLAXE

Álbum: Educación Primaria 2022-2023 -> Os xogos da reciclaxe

Hoxe, nas clases de Educación Física, o alumnado de 4º de primaria recibimos a visita dalgúns alumnos e alumnas do colexio Aspronaga que nos amosaron xogos feitos con material reciclado. Xogamos en pequenos grupos podendo coñecernos uns aos outros. Despois, os alumnos e alumnas de 4º, ensinámoslles a xogar a "Paloma blanca paloma negra" e xogamos todos xuntos! 

Grazas rapaces e rapazas de Aspronaga pola vosa visita.
Pasámolo moi ben, e esperamos volver vervos!

5º EP RECOLLE AS VERDURAS DA HORTA DO RAQUEL

Álbum: CURSO 2022-2023 -> RECOLLENDO A PRIMEIROS DE MAIO 5ºEP

Desta vez tocoulle ao alumnado de 5º de EP recoller as verduras do noso horto. Agardamos que as leitugas, porros, limóns, kale, pirixel, acelgas foran disfrutados nas mesas dos fogares dos afortunados no sorteo. A próxima colleita será para os compañeiros e compañeiras que non lles tocou desta vez. 

Bo proveito!!

Distribuir contido


by Dr. Radut