Skip to Content

Extraescolares

PROGRAMA NATACIÓN ESCOLAR 2024-2025

 

  • Dirixido a: Ed. Primaria (3º e 4º curso).
  • Inscricións: Reserva praza do 19 ao 26 de setembro. Formalizar inscrición do 30 de setembro ó 4 de outubro.
  • Lugar: Piscina de Riazor.
  • Datas curso: Do 14 de outubro ao 30 de maio.
  • Horario clases: Luns de 16:15-17:00
  • Bus:
    • Hora recollida: 15:45
    • Hora de entrega: 17:30
    • Lugar: na parada bus urbano, Ronda de Outeiro, 269
  • Prezo: 55.07 €. Cota única que inclúe o traslado e cobertura sanitaria.

A reserva da praza farase enviando un email ó correo: anpa.ceipraquelcamacho@gmail.com con asunto: INSCRICIÓN NATACIÓN e os datos do participante. A formalización da inscrición e o pago realizarase nas oficinas da C.D. Riazor, entregando a folla de inscripción debidamente cuberta máis un documento identificativo (DNI,NIE, pasaporte, libro de familia) tanto d@ alumn@ como o da nai/pai/representante legal) Será necesario pedir cita previa no seguinte enlace: https://citaprevia.coruna.gal/citaprevia/?idCliente=3 ).

PARA INSCRIBIRSE EN CALQUERA ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR QUE OFERTE A ANPA TEDES QUE SER SOCI@S DA ANPA

 

CÓXEGAS SETEMBRO 2024

CÓXEGAS ofrece unha solución para a conciliación familiar e laboral no propio centro educativo ao longo de tres semanas no mes de setembro. A rapazada gozará de xogos, deportes e actividades lúdicas participando nunha emocionante aventura onde se promoven hábitos e normas de convivencia e se fomentan o desenvolvemento cognitivo, psicomotor e social.

Para inscribirse en calquera actividade é imprescindible facerse soci@ da ANPA a través deste formulario.

 

INSCRICIÓN
Hai que rexistrarse nesta web: https://app.fedapascoruna.org/login INSTRUCCIÓNS PARA INSCRIBIRSE AQUÍ.
Do 19 de agosto ata o 3 de setembro

HORARIO A ESCOLLER
Luns a venres de 16:00 a 17:00 h.
Luns a venres de 16:00 a 18:00 h.

Non se contempla a posibilidade de entrada a actividade ás 17:00 h.


PERÍODO DE REALIZACIÓN
Do 11 ao 30 de setembro de 2024

PREZO
15€ por participante
Desconto do 50% nos beneficiarios da beca comedor.
Pago obligatorio seguro accidentes: 4€.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2024-25

OFERTA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2024-25

Cadro oferta actividades extraescolares 2024-25

 *As actividades con asterisco non están ofertadas pola Federación de ANPAs e haberá que aboar a conta da ANPA 5€ en concepto de seguro.

Para inscribirse en calquera destas actividades é imprescindible facerse soci@ da ANPA a través deste formulario.

ACTIVIDADES DA FEDERACIÓN DE ANPAs

DALLE AQUÍ PARA VER A DESCRIPCIÓN DAS ACTIVIDADES: CATÁLOGO DE ACTIVIDADES FEDERACIÓN

INSCRICIÓN:

Hai que rexistrarse nesta web: https://app.fedapascoruna.org/loginINSTRUCCIÓNS PARA INSCRIBIRSE AQUÍ.

PRAZO DE INSCRICIÓN

Do 19 de agosto ó 15 de setembro.

PERÍODO DE REALIZACIÓN

Do 1 de outubro de 2024 ao 20 de xuño de 2025.

COTAS TRIMESTRAIS A ABOAR

Aboaranse as cotas en outubro, xaneiro e abril:
• Prezos: 21€ por participante e escola deportiva ou obradoiro / 45€ por inglés / 10.50€ por mans que falan e ecocrea.


(*) Os beneficiarios da bolsa comedor para o curso 24/25, terán un desconto do 50% na cota ordinaria, aboando 10,50€ trimestrais por actividade e participante / 22.50€ por inglés / 5.25€ por mans que falan e ecocrea.

@s escolares inscrit@s aboarán ademais unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de Anpas para o curso 24/25.

 

BAILE MODERNO E BALLET

Clases de baile para tódalas idades ideades impartidas por profesionais en Baile Moderno e Ballet.

 

INSCRICIÓN:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfQZ3a7o6V_yL4prKT-uCvQ8jeeNq7rYKiFosROQUMzQDU1mA/viewform?usp=sf_link

PRAZO DE INSCRICIÓN

A partir do 19 de agosto 

PERÍODO DE REALIZACIÓN

Do 1 de outubro de 2024 ao 20 de xuño de 2025.

COTAS MENSUAIS A ABOAR

1 hora por semana 12€/mes, 2 horas por semana 17€/mes.

Desconto para irmáns!!  2h semana 30€/mes @s 2 irmás/áns
 

FÚTBOL SALA

 

Fútbol sala para todos os cursos de educación primaria, impartido por adestrador@s do Distrito Ventorrillo FS, unión do Ventorrillo FS e o Distrito V FS, dous clubes de referencia no fútbol sala coruñés.

 

INSCRICIÓN:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScrPiqDjFIwTGwHol3DaOxj-uyBE_5Af7uK_9fGW6n8-6JwSQ/viewform

PRAZO DE INSCRICIÓN

A partir do 19 de agosto 

PERÍODO DE REALIZACIÓN

Do 1 de outubro de 2024 ao 20 de xuño de 2025.

COTAS MENSUAIS A ABOAR

2 horas por semana 22€/mes

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES MES DE XUÑO

Informamos que este ano non haberá o programa de conciliación Cóxegas, polo que as actividades extraescolares que se están levando a cabo no colexio CONTINUARÁN ata o día 20 de xuño inclusive.

Moitas grazas e un saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut