Skip to Content

Comedor e madrugadores

COMEDOR/MADRUGADORES 2020-2021

Preme para descargar os modelos.

Recordamos que para darse de alta no servizo de comedor ou madrugadores hai que ser socios do Anpa (formulario de alta) e facernos chegar ao email do Anpa anpa.ceipraquelcamacho@xunta.gal a declaración responsable cuberta e firmada. 

O CORREO PARA XESTIÓNS DE COMEDOR/MADRUGADORES É: 

comedor.raquelcamacho@gmail.com

AVISO COMEZO COMEDOR - BECAS COMEDOR

Informamos que o alumnado beneficiario de BECA COMEDOR que o XOVES 19 NOVEMBRO xa poderán asistir a comedor (todos/as aqueles/as que xa entregaran a documentación correctamente no correo de Scolarest: comedor.raquelcamacho@gmail.com).

Os/As que ainda non o fixestes, tendes 2 DIAS para facervos socios/as da anpa e mandar toda a documentación de comedor, ou quedaredes sen praza no comedor (se non houbesen prazas vacantes), e teredes que usar o servizo de levar a comida a casa.

Este ano, como novidade, podedes recoller os/as nenos/as de Infantil ás 15:00 horas quen así o desexe, previo aviso no comedor (o portalón só estará aberto de 15:00 - 15:05 horas; prégase puntualidade).

MENÚ COMEDOR NOVEMBRO 2020

 

NOTA: So publicamos o menú de dieta normal pero se alguén precisa o menú de dietas especiais podedes solicitalo no noso email anpa.raquelcamacho@gmail.com

COMEDOR - BECAS COMEDOR

Finalmente, o número de solicitudes superará con moito o número de prazas, polo que vémonos obrigadas a aplicar os criterios de admisión que se explicarán a continuación.

Como sabedes as reducidas dimensións do comedor quedan aínda máis minguadas para cumprir o protocolo Covid-19, polo que a pesar de facer o esforzo dunha terceira quenda de comidas, resulta imposible atender todas as vosas solicitudes.

Con todo, ofrecemos o servizo de levar a comida á casa. Este servizo foi especialmente concibido pensando na seguridade dos nen@s ante a situación de pandemia que vivimos (posto que corren menos riscos ao non compartir espazo con outr@s nen@s fóra das súas aulas). Consiste en levar á casa o mesmo menú que se ofrece no comedor. Como nais/pais, e sempre antepoñendo a seguridade d@s nen@s, recomendamos esta modalidade a tod@s aquel@s que non necesitedes deixar @s nen@s no comedor por motivos de conciliación.

Desde o Anpa queremos aclarar a tod@s @s becad@s de comedor os seguintes puntos:

A) Criterios para adxudicación de praza no comedor

    1)Conciliación: necesidade de praza no comedor por motivos laborais. Terán que mandar un xustificante conforme traballan nese horario e non lles é posible recoller @s nen@s do colexio.

     2)Orde de inscrición: iranse adxudicando as prazas por orde de chegada de TODA a documentación (xustificante pago soci@ Anpa, solicitude de comedor, normas comedor, xustificante pago seguro - @s usuari@s do servizo comida a casa están exent@s de pagar o seguro - , a declaración responsable, e o código asiento) debidamente cuberta e asinada.

B) Comida a casa: Aquel@s becad@s que queden sen praza no comedor terán esta opción (que poden solicitala e desfrutala XA quen así o desexe). 

Tamén vos informamos que o Concello ten o Servizo de Canguros Municipais, que podería combinarse con levar a comida a casa. Para máis información contactar co Concello.

Para intentar axilizar, podedes mandar xa a documentación o correo de Scolarest (comedor.raquelcamacho@gmail.com), pero a data de comezo do comedor seguirá sendo a mesma para tod@s @s becad@s, unha vez publiquen a lista das becas definitivas, posto que como xa se vos explicara no anterior comunicado, por motivos de seguridade, empezaredes TODOS na mesma data (comunicarásevos a través da web do cole e do voso correo electrónico).

Desde o Anpa, lamentamos todos os inconvenientes, pero queremos que teñades claro que todo se fai pensando no máis importante: a seguridade e benestar d@s nos@s nen@s.

NOTA ACLARATORIA: aquel@s usuari@s que agora mesmo xa estén facendo uso do servizo de comedor xa teñen a súa praza adxudicada.

PROCEDEMENTO INSCRIPCIÓN COMEDOR - BECAS COMEDOR

Informamos a todos os futuros usuarios de comedor, que están pendentes da beca comedor, de cal será o procedemento a seguir este curso.

En primeiro lugar, recordarvos que debedes ser socios do Anpa (preme aquí) para empregar o servizo de comedor, así como estar ó día nos pagos ca empresa que proporciona dito servizo. Recordamos que hai que facer o ingreso de 15€ no número de conta da Anpa (ABANCA ES15 2080 0097 4430 4000 2477, CONCEPTO Nome do alumn@) e subir o xustificante no formulario de alta).

En segundo lugar, e como consecuencia dos protocolos derivados do Covid-19, teredes que mandar toda a documentación, unha vez que saian publicadas as listas DEFINITIVAS das becas (solicitude de comedor, normas de comedor, xustificante do pago do seguro de 7,5€ e a declaración responsable debidamente cubertos) ao correo de Scolarest (comedor.raquelcamacho@gmail.com) incluído o código asiento (o código que vos foi entregado para poder verificar que sodes beneficiarios da beca), nun PRAZO de 4 DÍAS.

Despois será necesario esperar un prazo de 3-4 días máis para a organización de grupos e turnos de comida, seguindo todas as directrices para o debido cumplimento do protocolo establecido para intentar garantir a seguridades dos vosos fillos (este tempo "extra" débese á necesidade de organizar todas as vosas solicitudes para formar grupos estables de nenos e respectar así as normas e protocolos de seguridade establecidos, tanto pola empresa q presta o servizo de catering, coma polo propio colexio).

Permanecede atentos a web do Colexio (e en particular o apartado de comedor do Anpa), xa que se vos confirmará a través dela a data na que poderán empezar no comedor.

Aqueles que necesiten empezar ANTES debedes saber que contades tamén ca opción de levar a COMIDA A CASA.  Nesta opción prepárase a mesma comida (menú) que se serve no cole, pero vai perfectamente embalada para o seu desprazamento. Outra vantaxe é que como non se fai uso do espazo físico de comedor sería posible mandar xa a documentación e empezar nuns días. Tan pronto esté todo correcto recibiredes un email ca data na que xa poderedes empezar a desfrutar do servizo. Nesta modalidade será necesario presentar informe médico todos aqueles que teñan algún tipo de alerxia ou intolerancia alimentaria

Debedes saber tamén que ambas modalidades (comedor ou levar a casa) NON son intercambiables; é dicir, a opción que se elixa manterase ó longo de todo o curso.

Lamentamos as molestias ocasionadas derivadas deste proceso, pero as excepcionais circunstancias dadas este curso obrigan a actuar así.

Calquera dúbida que teñades preguntade no correo facilitado anteriormente. 

Por último, recordarvos que se algunha familia se atopa en situación de extrema vulnerabilidades, non dubidedes en acudir o centro cívico máis preto (para explicarlles o voso caso) e solicitar axuda.

Un saúdo, e permanecede atentos á web para máis indicacións.

Distribuir contido


by Dr. Radut