Boas a tod@s,
Como xa saberedes polo curso pasado, as reducidas dimensións do comedor quedan aínda máis minguadas para seguir o protocolo Covid-19, polo que a pesar de facer o esforzo dunha terceira quenda de comidas, vai resultar imposible ubicar no comedor todas as vosas solicitudes.
Nembargantes, ofrecemos o servizo de levar a comida á casa. Este servizo foi especialmente concibido pensando na seguridade dos nenos ante a situación de pandemia que vivimos (posto que non corren máis riscos ó non ter que compartir espazo con outros nenos fóra das súas aulas). Consiste en levar á casa o mesmo menú que se ofrece no comedor, envasado para o seu posterior quecemento. Como pais, e sempre antepoñendo a seguridade dos nenos, recomendamos esta modalidade a todos aqueles que non necesitedes deixar ós nenos no comedor por motivos de conciliación.
Polo tanto, en previsión de que o número de solicitudes superará con moito o número de prazas, vémonos obrigados a aplicar os criterios de admisión que se explicarán a continuación. Asemade, informarvos que tivemos que pedir ampliar o prazo de inscrición, e remata o 3 de setembro.
Desde o Anpa queremos aclarar a todos os usuarios de comedor os seguintes puntos:
A) Criterios para adxudicación de praza no Comedor:
1) Conciliación: Os que necesiten praza no comedor por motivos laborais terán que mandar un xustificante (ó email do Anpa, anpa.ceipraquelcamacho@gmail.com, na maior brevidade posible) conforme traballan nese horario e non lles é posible recoller os nenos do Colexio.
2) Orde de inscrición: iranse adxudicando as prazas na orde de inscrición na aplicación Colechef, previa inscrición como soci@ do Anpa.
B) Comida a casa: Aquelas solicitudes que queden sen praza no comedor terán esta opción (que tamén poden solicitala XA quen así o desexe).
Tamén vos informamos que o Concello ten o Servizo de Canguros Municipais, que podería combinarse con levar a comida a casa. Para máis información contactade co Concello.
Lembrade que tedes ata o 3 de setembro, data tope para inscribir os vos@s fill@s no servizo de comedor, tanto na modalidade presencial, coma no servizo de levar a comida á casa.
Un saúdo,
ANPA Ceip Raquel Camacho