Skip to Content

Activ. colectivas

ENTROIDO 2024

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> ENTROIDO 2024

O día de hoxe saíunos de cine!

Ducias de disfraces lembráronnos as películas que nos fan rir, chorar, soñar...

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2024

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> DÍA DA PAZ 2024

Xa sabemos que a paz é un asunto de todos os días, sen excepción. Mais, hoxe tocou festexala e fixémolo bailando ao son de Juanes.

O APALPADOR

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> O APALPADOR

Dende o Courel chegou o Apalpador e nos trouxo castañas e noces. E aos nenos/as de infantil algún agasallo máis.

Pasámolo fenomenal, vémonos o próximo ano. Bo nadal

MAGOSTO 2023

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> MAGOSTO 2023

O venres festexamos o tradicional magosto. Comezamos a mañá prendendo os fogóns e enchendo aos poucos as potas coas castañas. Coa primeira tixolada delas, un grupiño de nenos e nenas de Infantil fomos elaborando sobres agasallo con tres castañas (lembrade a canción). Para que? Para levárllelos os pequenos e pequenas da EIM Agra do Orzán. A xentiña da escola infantil quedou encantada.

Distribuir contido


by Dr. Radut