Skip to Content

Novas EDLG

O CEIP RAQUEL CAMACHO GAÑADOR DO CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS 2024

GAÑADORES DO CONCURSO DE CARTEIS POLAS LETRAS GALEGAS 2024

O noso traballo sobre a homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024, Luísa Villalta, resultou ser o gañador deste ano e pronto podedes ver os nosos traballos en todos os centros escolares galegos, bibliotecas, centros sociais, estación de bus, tren , etc.

Ligazón á resolución da convocatoria

A semana pasada a Cadena Ser fíxose eco da noticia e fíxonos unha entrevista, aquí tendes o enlace:

Entrevista da radio

Risa

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO: 23 DE FEBREIRO

Aquí veredes un fermoso vídeo sobre o día de Rosalía no noso Photocall. Por certo a música é a que escoitades nas entradas e saídas!

23F: ROSALÍA DE CASTRO

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> DÍA DE ROSALÍA 2024

O 23 de febreiro está de aniversario Rosalía de Castro, e no cole nunca esquecemos festexalo como se merece.

Este ano coñecemos o famoso caldo de gloria, que é e por que o comía tan a miúdo...

Disfrutade ca reportaxe e FELIZ DÍA DE ROSALÍA.

DÍA DA LINGUA MATERNA: GAÑADORES

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> DÍA DA LINGUA MATERNA: GAÑADORES

Hoxe 21 de febreiro conmemoramos o día da lingua materna, e para festexalo nada mellor que cuns chistes na nosa lingua materna.

Por fin temos os gañadores do concurso Faime rir 2024. Parabéns a todos os PARTICIPANTES e por suposto aos gañadores:

Nico de educación infantil

Xulia de 1º ciclo de primaria

Alejandra de 2º ciclo de primaria

Diomar de 3º ciclo de primaria

Como sabedes nesta edición participamos 4 colexios e foron os nenos/as dos outros centros os que votaron ao noso alumnado!

Distribuir contido


by Dr. Radut