Skip to Content

Novas EDLG

CANDEA GRANDE, CANDEA PEQUENA

Álbum: Educación Primaria 2022-2023 -> Ciencia en galego en 6º EP: candea grande, candea pequena

Colle dúas candeas de diferente tamaño: unha grande e outra pequena.

Acéndeas e cúbreas cun vidro.

Observa cal se apaga antes.

A que cres que é debido?

Pensa nunha situación da vida real na que esta información poida resultarche útil.

CONSTRÚE OS TEUS PULMÓNS!!!

Álbum: Educación Primaria 2022-2023 -> Ciencia en galego en 6º EP: pulmón artificial

Para comprender mellor como funcionan os nosos pulmóns propoñemos este pequeno experimento, que podedes realizar na casa. O material necesario é moi sinxelo:

  • botella de plástico
  • cinta aillante 
  • 2 palliñas de plástico
  • 2 globos
  • 1 globo máis grande ou guante flexible

Preparados? Comezamos:

  1. Cortamos a  botella de plástico (representa a caixa torácica) e facemos un pequeño burato no tapón.
  2. Collemos un globo e recortamos a parte superior. Os globos representan os pulmóns. A continuación, introducimos o globo nunha palliña, que representa o bronquio e sellámola con cinta. Repetimos esta operación dúas veces, posto que temos dous pulmóns.
  3. Introducimos as palliñas dentro doutra  máis longa ( a traquea).  
  4. Unha vez feito  unímolas con cinta aillante, metémolas na botella.
  5. Sellamos a parte superior do tapón con cinta aillante ou plastilina.
  6. Na parte inferior colocamos un globo máis grande ou un guante e sellámolo con cinta. Representa o diafragma, un músculo  situado debaixo dos pulmóns que cande se contrae permite que os pulmóns se enchan de aire, polo que os globos agrandan. Cando se relaxa o aire sae dos  pulmóns e os globos quedan desinchados.

Proba a facelo. Seguro que pasarás un bo rato!!!!!

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> Ciencia en galego en 6º EI

Novembro é o mes da ciencia en galego. E a nós gústanos moito experimentar. Nesta ocasión fixemos un experimento de flotación. Por que flotan máis as cousas en auga salgada que en auga doce?

Tic tac tic tac...Déixovos reflexionar

Pois débese a densidade da auga! Se leva sal é máis densa e por iso flotan máis os obxectos.

Os nosos científicos o amosaron cun ovo, auga e sal.

Por certo, tamén aproveitamos para falar do mar Morto, onde a auga é tan salgada que se flota sin necesidade de nadar, foi estupendo!

Probade na casaRisa

GAÑADOR E FINALISTAS DA 1ª FASE DE "TÍRALLE DA LINGUA" NO COLEXIO

Lembras que o concurso constaba de dúas fases: unha no centro e, se pasabas esta fase, outra a nivel galego. Pois xa temos relato gañador. O Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) do centro quere agradecer a implicación e entusiasmo da rapazada que participou no certame.

GAÑADOR

FINALISTAS

MENCIÓNS ESPECIAIS

  1. BIANCA VENTUREIRA LOSCHIAVO
  2. DANIEL A. ROQUE SÁNCHEZ
  3. SAMIELS TORIBIO SULLCA
  4. DANIELA MONTERO LÓPEZ
  5. MIELI M. FRÍAS MARIÑO
  6. ELVIS EGHAVAREVA KENNEDY
  7. TOUGOUNE DIALLO COULIBALY
  8. ASSANE NIANG TOUKIRI

Grazas todas e a todos por participardes. Agora, desexámoslle toda a sorte do mundo a Óliver para a segunda fase do concurso!

NOTA: a entrega de premios e diplomas terá lugar nos vindeiros días.

Distribuir contido


by Dr. Radut