Skip to Content

Novas EDLG

MERENDA ARREPIANTE EN 4º DE EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> MERENDA ARREPIANTE EN 3 ANOS B

Ademais dos disfraces e das cabazas, o Samaín na aula de 3 anos trouxo outras actividades arrepiantes como a receita que elaboramos. Foi algo parecido ao que se fixo o curso pasado na clase de 5 anos (busca as diferenzas) pero, claro, desta volta adaptado ás características da cativada máis pequena do cole.

Mais houbo algo que non cambiou: que non sobrou nin unha frangulla!

Por certo, nesta foto de grupo, a idea era que puxeran cara de asustar :-)

ANÍMATE A PARTICIPAR NO CONCURSO DE RELATO ORAL TÍRALLE DA LINGUA!

Preme na imaxe para acceder a toda a info!

XOGOS DE MESA EN GALEGO

Álbum: Educación Primaria 2022-2023 -> Obradoiro de xogos de mesa en galego (2º e 3º)

Pois hoxe tocaba xogar! A xente de Brazolinda tróuxonos á biblio un fato de xogos divertidos e con tallada: algúns necesitaban que utilizásemos as matemáticas, outros os nosos coñecementos científicos, outros que traballásemos en equipo... 

Nun mundo en que a tecnoloxía asolaga todo, animamos a todo o mundo a que colla un xogo, se achegue a unha mesa e goce do pracer de XOGAR a algo que se pode tocar.

CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS 2022

Levamos unhas semanas descubrindo ao autor ao que se lle dedican as Letras Galegas neste ano. E desde o EDLG animamos ao alumnado a que descubrise os carteis-xogo onde podían coñecer máis sobre a vida de Florencio Delgado. Só tiñan que resolver os xogos e cubrir os seus datos para poder participar no sorteo dunha chea de premios. E así o fixeron masivamente. Pero, claro, só podía haber un fato de premiados e premiadas.

A xentiña de Infantil tiña que resolver o labirinto que supón traducir obras, tal e como fixo Florencio. E gañaron a exclusiva cunca do cole.

O alumnado do 1º ciclo de Primaria, debía buscar nunha sopa de letras palabras relacionadas con Florencio Delgado.

No terceiro ciclo, tiñan que relacionar con frechas os seus lugares do mundo máis importantes.

 En 5º de EP, había que ler a vida do autor na guía e contestar unhas preguntas do pasapalabra das LLGG e gañaron unha memoria USB.

E o alumnado de 6º, tocoulle responder ás preguntas do trivial das LLGG.

Parabéns ás afortunadas e afortunados e, xa sabes, aprender en galego sempre ten premio

Distribuir contido


by Dr. Radut