Skip to Content

Novas EDLG

HOMENAXE DA AELG A ROSALÍA

Bea Maceda, mestra do noso colexio, escribiu e leu o manifesto no acto en homenaxe á nosa poeta universal.

 

OS MANDADOS DO MECO 2022

Chega o Entroido e, con el, o tradicional Meco. Todos os días, este amigo ordenará traer algo posto e nós debemos obedecerlle. Por iso, pedimos a colaboración ás familias para que axuden aos cativos e cativas a buscar os mandados do Meco. Aquí vos deixamos un resumo do que vai pedir ao longo da semana que vén.

Se premedes nos carteis ao longo da semana, veredes fotos da xentiña disfrazada.

Luns: hai que levar algo na cabeza. 

Martes: temos que poñer unha gravata no pescozo. 

Mércores: traeremos os zapatos decorados con algo. 

Xoves: poremos un cinto pintoresco.

Venres: vestiremos un disfrace que teñamos pola casa.

 

CHISTES GAÑADORES DO RETO FAIME RIR 2022

En primeiro lugar, queremos agradecer a todas e todos os participantes do reto. A acollida foi masiva e non resultou sinxelo decidir os chistes gañadores e finalistas. Foi un aténtico festival do humor!!!

Educación Infantil

1º premio

2º premio

3º premio

Educación Primaria

1º premio

 

2º premio

 

3º premio (Ex aequo)

 

 

PREMIOS DO XEROGLÍFICO DO VIVEIRO EXPRESS

RESPOSTA CORRECTA: COLO+CA+AS (COLÓCAAS).

Pois con todos os papeis entregados que responderon correctamente a pregunta do xeroglífico, xa tivo lugar o sorteo dos premios. A man inocente de Alma de 6º de Infantil extraeu entre todos os entregados polo alumnado desa etapa o de Olivia. Parabéns!

 

Os papeis gañadores de Primaria sacounos Joyce (de 6º de EI tamén). E o primeiro afortunado cun exclusivo estoxo do colexio foi Bruno.

A segunda Martina.

A terceira Cinthia.

E a cuarta Alejandra.

Distribuir contido


by Dr. Radut