Skip to Content

Novas EDLG

COREOGRAFÍATE 2022

Preme no cartel para máis info. 

AMPLIACIÓN DE PRAZOS PARA O CONCURSO TÍRALLE DA LINGUA

Alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, ollo á boia!

Sabemos que non resulta sinxelo achegar un vídeo nun correo electrónico e que moitos e moitas de vós tivestes dificultades. Por iso, o xurado do concurso no colexio decidiu ampliar o prazo de entrega das historias ata este mércores, 9 de novembro, ás 16 horas.

Ese será o novo límite para mandar os vídeos que (isto tamén o cambiamos para facilitarche a vida) podes enviar así:

XIII DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Día da Ciencia en Galego é a celebración do Día Internacional da Ciencia en Galicia, na que facemos un fincapé especial en resaltar máis aló das fronteiras o labor de todos os científicos deste territorio pasados e presentes. O seu principal obxectivo é salientar a difusión do coñecemento científico no idioma galego e poñer en voga as achegas dos galegos á ciencia universal.

Este ano os científicos homenaxeados son Evariste Galois e Ángeles Alvariño González (máis info sobre eles aquí).

Mantente atenta/o á nosa web porque imos mostrarche algunhas das iniciativas que levaremos a cabo no noso colexio.

MERENDA ARREPIANTE EN 4º DE EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> MERENDA ARREPIANTE EN 3 ANOS B

Ademais dos disfraces e das cabazas, o Samaín na aula de 3 anos trouxo outras actividades arrepiantes como a receita que elaboramos. Foi algo parecido ao que se fixo o curso pasado na clase de 5 anos (busca as diferenzas) pero, claro, desta volta adaptado ás características da cativada máis pequena do cole.

Mais houbo algo que non cambiou: que non sobrou nin unha frangulla!

Por certo, nesta foto de grupo, a idea era que puxeran cara de asustar :-)

Distribuir contido


by Dr. Radut