Skip to Content

Día da Ciencia en Galego

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> CIENCIA EN GALEGO

Coas nosas palabras e coa nosa lingua tamén facemos ciencia

Os nosos científicos comprobaron o principio de Arquímedes, descubriron porqué lle sae mofo ó pan, mesturaron canela, auga e lavalouza para ver que pasaba, fixeron o experimento da laranxa con flotador...E moitas cousas máis!

Se non entendedes nada non vos preocupedes, eles explícanse moi ben.Guiño

 

EXPERIMENTO NO MES DA CIENCIA EN GALEGO!

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> Ciencia en 5 anos

Novembro é o mes da ciencia en galego. Na clase de 5 anos, quixemos facer un experimento: inflar un globo empregando vinagre e bicarbonato! 

Mesturamos todo nunha botella e...sabedes que pasou? Pois si, inflouse o globo!

Sabedes por que? Porque ao mesturar vinagre e bicarbonato, prodúcese un gas, o dióxido de carbono, que crea unhas burbullas que fan inflar o globo!

Cantas cousiñas descubrimos na clase!

LETRAS FLOTANTES

Álbum: Educación Primaria 2022-2023 -> Ciencia en galego en 1º EP: letras flotantes

Fixemos debuxos con rotulador de lousa (pizarra) en culleres e pratos e, ao mergullalos en auga ou botarlles auga por riba, estes debuxos comezaron a flotar.

Isto débese a que a tinta dos rotuladotes de lousa branca levan tinta soluble en auga. Así que, ao engadir a auga, xorde unha forza de flotación que empuxa a tinta cara arriba porque a tinta é menos densa que a auga.

CANDEA GRANDE, CANDEA PEQUENA

Álbum: Educación Primaria 2022-2023 -> Ciencia en galego en 6º EP: candea grande, candea pequena

Colle dúas candeas de diferente tamaño: unha grande e outra pequena.

Acéndeas e cúbreas cun vidro.

Observa cal se apaga antes.

A que cres que é debido?

Pensa nunha situación da vida real na que esta información poida resultarche útil.

Distribuir contido


by Dr. Radut