Skip to Content

Novas EDLG

MATERIAIS PARA AS LETRAS GALEGAS 2022

Premendo na foto poderás acceder a unha chea de materiais para traballar a figura de Florencio Delgado.

PREMIOS DO VIVEIRO EXPRESS DO 2º TRIMESTRE

Pois con todos os papeis entregados que atoparona frase agochada no barullo de letras, xa tivo lugar o sorteo dos premios (unha mochila cunha taza, un estoxo ou unha memoria USB; todos eles  exclusivos do CEIP RC). 

A man inocente do alumnado de 6º de Infantil extraeu os gañadores de entre todos os entregados. Parabéns!

  • Marco López Rodríguez de 6º A de EI.
  • Lucía Tomé Roca de 6º A.
  • Safi Ullah de 6º B.
  • Milagrosa Niabe de 1º B de EP.
  • Denise Soriano Acebedo de 2º A.
  • Ana Isabel Ndong de 4º A.
  • Jacob Cascallana Urbina de 4º A.
  • Abdou Ba de 4º B.
  • Izan Román Sánchez de 5º A.
  • Raúl Barral Sánchez de 5º A.

Por certo, a frase escondida era.

NON Á GUERRA.

VISITA DE POLO CORREO DO VENTO A 1º

Álbum: Educación Primaria 2021-2022 -> Polo correo do vento

VISITA DA COMPAÑÍA POLO CORREO DO VENTO

Este xoves, a compañía Polo correo do vento visitou o noso cole. Traía a historia de Mario, un neno que coñecía outros idiomas pero que non lle vía utilidade á súa lingua nai.

Foi unha actuación moi divertida,  e aprendemos a ser ilustradores. A historia estivo acompañada de música.

As nenas e nenos de 1º disfrutamos moito desta aventura.

VOTA A CANCIÓN GALEGA DE 2021 EN ari[t]mar

aRi[t]mar é un proxecto impulsado pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela para difundir a música e a poesía e aproximar a cultura e a lingua de Galiza e a lingua de Portugal. Propóñenche que lles botes un ollo ás 10 cancións finalistas en cada idioma e que elixas.

Aquí che vai a ligazón para as 10 cancións en galego. Veña, a votar!!!

As votacións son anónimas, soamente se gardará o email e o teléfono no caso de que desexes participar no sorteo do lote de libros ou deas a túa conformidade para a subscrición ás nosas newsletters.

Distribuir contido


by Dr. Radut