Skip to Content

Novas EDLG

O APALPADOR E OUTRAS TRADICIÓNS DO NADAL

 

Imaxe: apalpador.gal

Chega o Nadal e, nos últimos anos, estamos a coñecer o Apalpador. Moitos cren, e non lles falta razón, que é un fenómeno dun lugar moi concreto de Galicia: as montañas de LugoComo tantas outras tradicións (Papá Noel, por exemplo), sempre xorden nun pequeno lugar e, desde aí, vanse espallando porque resultan atractivas.

Papá Noel

Papá Noel, dentro duns días, traerá agasallos a moitos nenos e nenas, a que si? Pois, queredes saber de onde é realmente? Imaxinades que virá de Estados Unidos, verdade? Premede na imaxe de embaixo para descubrir a orixe deste ben papudo amigo. Ou aquí nestoutro artigo.

Os Reis Magos

Ou, parádevos nunha tradición máis de aquí: os Reis Magos. Sabedes por que se celebra? Premede na imaxe tamén para descubrilo.

Imaxe: Ocio Crítico.

VOTA A PALABRA DO ANO 2021

EXPERIMENTO NO MES DA CIENCIA EN GALEGO!

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> Ciencia en 5 anos

Novembro é o mes da ciencia en galego. Na clase de 5 anos, quixemos facer un experimento: inflar un globo empregando vinagre e bicarbonato! 

Mesturamos todo nunha botella e...sabedes que pasou? Pois si, inflouse o globo!

Sabedes por que? Porque ao mesturar vinagre e bicarbonato, prodúcese un gas, o dióxido de carbono, que crea unhas burbullas que fan inflar o globo!

Cantas cousiñas descubrimos na clase!

LETRAS FLOTANTES

Álbum: Educación Primaria 2022-2023 -> Ciencia en galego en 1º EP: letras flotantes

Fixemos debuxos con rotulador de lousa (pizarra) en culleres e pratos e, ao mergullalos en auga ou botarlles auga por riba, estes debuxos comezaron a flotar.

Isto débese a que a tinta dos rotuladotes de lousa branca levan tinta soluble en auga. Así que, ao engadir a auga, xorde unha forza de flotación que empuxa a tinta cara arriba porque a tinta é menos densa que a auga.

Distribuir contido


by Dr. Radut