Skip to Content

Novas EDLG

SESIÓN DE FOTOS PARA O DÍA DE ROSALÍA 2023

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Día de Rosalía 2023

O 23 de febreiro celebrábase o Día de Rosalía, pero como estivemos nese tempo traballando o Entroido, lembramos a nosa poeta universal os días despois a esa data.

Aquí contámosche o que iamos facer e nestas imaxes de enriba podes ver os carteis que decoran as nosas fiestras.

OS MANDADOS DO MECO 2023

Chega o Entroido e, con el, o tradicional Meco. Todos os días, este amigo ordenará traer algo posto e nós debemos obedecerlle. Por iso, pedimos a colaboración ás familias para que axuden aos cativos e cativas a buscar os mandados do Meco. Aquí vos deixamos un resumo do que vai pedir ao longo da semana que vén: 

Luns: hai que levar algo na cabeza. 

Martes: temos que poñer unha gravata no pescozo. 

Mércores: traeremos os zapatos decorados con algo. 

Xoves: vestiremos un disfrace que teñamos pola casa. 

Venres: cada aula ou nivel disfrazarase de algo relacionado coa horta (Voz Natura) para o desfile.

RETO INTERCENTROS FAIME RIR

A ver, rapaz/a:

Como queremos que traballes menos que o xastre de Tarzán, a participación neste reto poñémola sinxela:

  1. busca coa túa familia un chiste en galego;
  2. memorízao ben e ensaia diante dun espello;
  3. e despois grávate contándoo (que ninguén che diga o contrario: ti tes graza e punto!).  

Logo, pídelle a alguén da túa familia que saiba un mínimo de tecnoloxía que envíe o vídeo a este correo antes do luns, 6 de febreiro de 2023:

ramonparis@edu.xunta.gal

***ÚLTIMA HORA***

Sabemos que alguén tivo dificultades técnicas para enviar o vídeo e por iso aumentamos o prazo ata este MÉRCORES, 8 DE FEBREIRO. Veña, corre lixeiro para mandalo!

O vídeo non pode durar máis dun minuto. Non te veñas tan arriba! 

Un prestixioso xurado composto polos membros do EDLG terá a dura tarefa (?) de elixir os máis simpáticos que pasarán á segunda fase onde competirán cos finalistas do CEIP San Pedro de Visma e do CEIP de Prácticas.

Máis info aquí ou premendo na foto.

CONCURSO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

Como sabemos que entre o noso alumnado hai escritoras e escritores en potencia, animámolo a participar neste concurso. Así que se tes entre 9 e 11 anos ou entre 12 e 14, só debes:

  1. exercitar a túa creatividade, 
  2. elixir a temática da historia (é libre),
  3. redactar un conto en lingua galega
  4. e envialo telemática ou presencialmente respectando o formato que che piden.

Ollo! O prazo remata o 17 de febreiro.

Preme na imaxe ou aquí para saber máis.

Se tes algunha dúbida ou dificultades para mandar o teu conto, pregunta ao EDLG para que te axude: ramonparis@edu.xunta.gal.

Distribuir contido


by Dr. Radut