Skip to Content

5 anos

BATIDO COS AMORODOS SEMENTADOS!

Álbum: 1_Educación Infantil 2018-2019 -> Saboreando a froita sementada

Tivemos que esperar un pouco, pero por fin vimos os resultados. Por fin medraron os amorados que plantamos. Recollémolos e con eles fixemos un delicioso batido! Puxémonos as botas e encantounos desfrutar do traballo realizado! Canso

FIXEMOS PAPIRO NA CLASE

Álbum: 1_Educación Infantil 2018-2019 -> Fixemos papiro

A nosa viaxe por Exipto rematou. Como broche final, vimos un vídeo onde nos contaban que é o papiro, de onde saía e como se facía. Despois, puxémonos mans á obra e fixemos o noso propio papiro empregando cola, café e vendas. Foi moi divertido. Cando xa estaba seco, escollemos o símbolo exipcio que máis nos gustaba e o decoramos, mirade que artistas somos!

VISITAMOS A BIBLIOTECA DO ÁGORA

Álbum: 1_Educación Infantil 2018-2019 -> Saída ao Ágora 6º Infantil

O pasado mércores, os/as nenos/as de 6º de Infantil, acudimos á biblioteca do Ágora. Cando chegamos, as bibliotecarias amosáronnos as diferentes partes da biblioteca e logo nos contaron o conto: "El cuadrado de Mondrian quiere ser cíclope". Despois cada un escolleu o conto que máis lles gustaba e levámolos prestados para o noso cole! É unha sorte contar con esta bilbioteca moi preto do noso cole!

AO RICO BATIDO DE PLÁTANO!

Álbum: 1_Educación Infantil 2018-2019 -> Facendo batido de plátano en 6ºB

Como nos gusta tanto o leite e os plátanos, hoxe decidimos mesturar todo e facer un fresco e delicioso batido. Dividímonos en grupos; uns cortaron plátanos, outros/as botaron o leite e outros/as bateron. Despois, metémolo na neveira e cando chegou a hora de merendar tómamolo. Estaba boísimo, tanto que non quedou nin gota!Canso

DESCUBRINDO UN MUSEO AO AIRE LIBRE 6º INFANTIL

Álbum: 1_Educación Infantil 2018-2019 -> Un museo ao aire libre 6ºInfantil

Este luns, os/as nenos/as de 6º de Infantil, fomos aos xardíns de Méndez Núñez, onde descubrimos que se agocha un auténtico museo ao aire libre. Grazas ás diferentes monitoras,  puidemos saber que hai unha fonte adicada ao poeta Curros Enríquez, formamos unha pequena orquestra no palco da música e fixemos uns xogos moi divertidos cos que puidemos descubrir quen foi Daniel Carballo e que na nosa cidade atópase a primeira estatua en España adicada ao libro. Que ben o pasamos! Sorriso

Distribuir contido


by Dr. Radut