Skip to Content

Colectivas

SAMAÍN 2017

 

Onte celebramos o Samaín no colexio cunha chea de actividades. Desde o luns, un cento de cabazas decoradas para a ocasión lucían no vestíbulo, sorprendendo coa súa orixinalidade.

Xa o martes, moitos cativos e cativas entraron ben cedo no colexio vestindo disfraces terroríficos: zombis, meigas, diaños... Metían medo!

Durante toda a mañá, por clases, fomos visitando O Samaín Rebuldeiro, un túnel do terror montado no ximnasio do colexio. Pasear por el converteuse nunha experiencia arrepiante.

Despois do recreo, todo o colexio xuntouse no pavillón para gozar da actuación duns mortos viventes imitando o famoso Thriller de Michael Jackson. O publico de forma unánime pediu un bis e o grupo non se fixo de rogar. Preme na imaxe para ver o vídeo da actuación.

EXPOSICIÓN SOBRE ARTE FRICANA NA BIBLIOTECA

Esta semana organizouse unha exposición na bilioteca do colexio, enmarcada dentro do Proxecto E ti, que pintas? África. Hai que agradecer o labor realizado tanto á coordinadora da bilioteca, como a Salvador e María, membros do Centro de Arte Atlántica. Achegaron ao colexio valiosas pezas de arte africana e explicaron de xeito formidable as características e historia de cada unha ao noso alumnado e familias. Publicamos un artigo no blog da biblioteca onde podedes ver un vídeo e consultar máis información sobre a exposición premendo aquí.

IV FESTIVAL OPERA PRIMA DE CURTAS 2017

A nosa noraboa ao alumnado de 6º de primaria ganador do premio ao mellor guión, que  participou no IV festival Opera Prima de curtas 2017 coa obra "Ninguén sabe nada".

Moitas felicidades a todos!!! Sodes fantásticos!!!.

VOZ NATURA 2016-17

O sábado día 3 de xuño celébrase en Acea de Ama a exposición de Voz Natura na que o noso centro participa cos traballos elaborados polos nosos alumnos e alumnas ao longo do curso. Convidámolos a dar unha volta polo posto do noso colexio e disfrutar dunha tarde en familia.

PROXECTO SEMENTE 2016-17

A nosa noraboa a todos os participantes do "Proxecto semente", alumnos e alumnas, titoras e familias, gañadores do premio ao "COLEXIO MÁIS IMPICADO". Sodes marabillosos e marabillosas e fixestes un magnífico traballo.

 

 

NOTA:  Debido a metereoloxía suspendeuse esta tarde a celebración no Obelisco do Mercado do Proxecto semente, quedando posposto para o vindeiro venres 2 de xuño.

Desde o Ceip Raquel Camacho convidámolos a todos a dar unha volta polo posto do no colexio, para que vexan o merquen algúns dos magnificos traballos realizados polos nosos alumnos e alumnas de 4º de primaria, que xunto coas súas titoras e coa inestimable colaboración das familias, traballaron arreo durante todo o curso  para poder ofertarnos tantas e tan fermosas mercadorías. No seguinte enlace "Proyecto semente: Una empresa en mi escuela" poden atopar información sobre este proxecto. Unha parte do recaudado coa venda dos prductos elaborados polos nenos e nenas será doado a "Cociña económica". Asique contamos coa visita e colaboración de todos vostedes.  

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut