Skip to Content

Voz Natura

RECOLLEMOS VERDURAS NO NOSO HORTO

Álbum: CURSO 2022-2023 -> O NOSO HORTO EN ABRIL

Esta semana tocou recoller algunhas das verduras que plantamos no noso horto: leituga, acelgas e packchoi.

Desta vez foi para os 10 colaboradores de 6ºB de primaria. A anterior foi para 6ºA e así agardamos seguir recollendo para que todos os que participan na plantación e coidado do horto poidan ter os seus productos: tomates, chícharos, xudías, coliflor, kale, leitugas, cabazas, pementos, etc.

AS SEMENTES DAS MAZÁS DAS MERENDAS DE 5º B EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> SEMENTES DE MAZAS 5ºB EI

Todos os martes temos froita para merendar grazas á ONG Ayuda en Acción. Como somos moi observadores e curiosos pensamos que podiamos facer algo con aquelas sementes agochadas dentro das mazás tan xugosas.

Puxémolas en algodón con auga e...a agardar. E pasou algo, claro que pasou! Empezaron a xerminar e despois duns días, puxémolas en terra para que as nosas maceiras medren e, a ver se algún día, dan mazás.

CORTANDO O "PELO" ÁS NOSAS XARDINEIRAS PREPARÁNDOAS PARA A PRIMAVERA

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> PERRUQUEIROS 5ºB EI

O curso pasado fixemos unha bonecas con botellas de deterxente e medroulles pelo. Despois do verán, secaron e, agora, hai que preparalas para esta nova tempada. 

Non se nos dá nada mal o traballo de tesoiras!!

Distribuir contido


by Dr. Radut