Skip to Content

Voz Natura

TEMPO DE PLANTAR EN 4ºB E.I.

Álbum: Educación Infantil 2021-2022 -> XANEIRO 4ºB E.I.

Neste mes de xaneiro que deixamos atrás, adicamos tempo a plantar amorodos e bulbos.

Limpamos, abonamos, replantamos e regamos. Agora toca agardar a recoller os froitos e disfrutar das flores que sairán.

Participamos na "Xesta pola Paz" coas nosas palabras: paz, falo, respecto, risa.

Para rematar o mes, celebramos o aniversario de Mohamed. Parabéns!

TOMATES DA NOSA HORTA, XA ESTAMOS DE VOLTA!

Ola nenos e nenas! Benvidos/as ao cole!

Agardamos que desfrutarades moito das vacacións.

Durante o verán no horto do cole sucederon cousas marabillosas que non queriamos deixar de compartir con vós. Saíron os tomates, medraron e deron flor os xirasois, seguíronse a dar os amorodos, floreceu a lavanda, tivemos as primeiras mazás... Ollade:

 

 

 

 

 

E vós? Vides con ganas de poñervos mans á terra?

Agardamos que sí.

 

O Equipo Voz Natura

 

 

 

DÍA DA TERRA

O 22 de abril é unha data sinalada xa que se conmemora o DÍA DA TERRA.

Baixo o lema "Recuperemos a Terra", elixido este ano, faise un chamamento a reducir o impacto das accións individuais de cada un sobre o planeta.

Aínda que para nós coidar a contorna é un compromiso a diario, queremos unirnos ás persoas que desde diferentes lugares reclaman que o mundo emprenda un camiño máis limpo, ecolóxico e sostible. 

 

 

PRIMAVERA NO COLEXIO

Álbum: CURSO 2020-2021 -> Primavera no colexio

Os distintos espazos do colexio tinguironse de fermosas cores coa chegada da primavera.

Nós aproveitamos o bo tempo para coidar o horto e o xardín.

Disfrutamos moito!

Distribuir contido


by Dr. Radut