Skip to Content

Voz Natura

ÁRBORES NO CAMIÑO

O domingo 18 de outubro de 2020, celébrase o Día Mundial da Protección da Natureza:

Nun momento crítico no que a nosa pegada ecolóxica supera a capacidade do planeta para rexenerar o que se consome, a protección da natureza, convértese nun asunto de prioridade esencial. Debemos tomar as medidas oportunas para construír un futuro baseado no consumo responsable dos recursos naturais. (Fonte: Web VOZ NATURA)

Se premedes na imaxe, poderedes escoitar o conto "Árbores no camiño". A autora desta historia lémbranos que todos e todas formamos parte da natureza e somos importantes na mesma medida, coma unha gran familia, na que todos coidan de todos.

Agardamos que vos guste e que coma Karim, o protagonista do conto, comprendades cal é o noso papel no coidado do planeta, a nosa casa común. 

 Imaxe: Árbores no Camiño, OQO editora

E despois... Vós tedes a palabra: Que imos facer nós?

Reflexionade e acordade nas aulas cales serán os vosos compromisos individuais e de grupo para ser "Aula Verde". Escribídeos nun papel e deixádeos nun lugar visible da clase para poder lembralos con frecuencia. Non vos esquezades de asinar o pacto acadado!

 

O bo camiño! 

 

NA BEIRA DO MAR

Imaxe: Cartaz informativo na lagoa de Baldaio (A Laracha)

Ola nenos e nenas do Raquel Camacho! Desde o Equipo Voz Natura estamos a recibir as vosas fotografías e debuxos de aves con moita ilusión. Repararades antes que nos acompañan en tantos lugares?

Hai unha frase que dí: "Coñecer para entender, querer e protexer", por iso nós animámosvos a manter os ollos e oídos ben abertos para seguir descubrindo e aprendendo moitas cousas das aves. Aquí deixamos dous enlaces con recursos que vos axudarán neste obxectivo:

Guía de Aves- SEO BirdLife

Identificador de Aves- SEO BirdLife

 

Falando de aves, sabedes que o pilro tridáctilo ou pilro bulebule é o potagonista dunha das curtametraxes de Pixar máis coñecidas e galardoada cun premio Óscar no ano 2017? E que aquí en Galicia podemos ter a sorte de atopar algún correndo pola praia detrás das ondas? 

Imaxe: https://www.pixar.com/piper

 

Para saber máis do pilro bulebule:https://www.seo.org/ave/correlimos-tridactilo/

 

Agardamos que disfrutedes desta marabillosa curtametraxe e... ollade na beira do mar! 

AS AVES CONECTAN O NOSO MUNDO

O vindeiro sábado 10 de outubro persoas de todo o mundo celebrarán o Día Mundial das Aves Migratorias baixo o lema "AS AVES CONECTAN O NOSO MUNDO".

Pica na imaxe se queres saber máis:

Imaxe tomada de https://www.worldmigratorybirdday.org/ 

 

En outubro chegan a Galicia aves do norte que han pasar o inverno connosco, mentres que outras continúan a súa viaxe. Desde o equipo Voz Natura do cole propoñémoste un plan para esta fin de semana algo máis longa. Achégate coa túa familia a un lugar onde poder ver paxaros, tíralles unha foto ou fai un debuxo (podes axudarte dalgunha guía para identificar o avistamento).

Envíadenos as vosas fotografías ou debuxos indicando o voso nome e curso á seguinte dirección de correo voznaturarc@gmail.com 

Estamos desexando ver o que atopades!

Nós deixamos este vídeo para animarvos a gozar observando e aprendendo un pouco máis das aves:


FONTE: turismo.gal

QUE ATOPAMOS NOS NOSOS CAMIÑOS? NON Á "BASURALEZA"

Xa podedes ver o resultado do noso primeiro traballo colaborativo deste curso.

Trátase dun taboleiro virtual co que pretendemos chamar a atención sobre comportamentos de abandono de lixo que atentan contra o coidado e a conservación da nosa contorna.

Anímaste a botar unha ollada? Lembra que aínda que non sexa o teu lixo, sí é o teu problema! Fai clic na imaxe se queres acceder ao contido.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut