Skip to Content

ÁRBORES NO CAMIÑO

O domingo 18 de outubro de 2020, celébrase o Día Mundial da Protección da Natureza:

Nun momento crítico no que a nosa pegada ecolóxica supera a capacidade do planeta para rexenerar o que se consome, a protección da natureza, convértese nun asunto de prioridade esencial. Debemos tomar as medidas oportunas para construír un futuro baseado no consumo responsable dos recursos naturais. (Fonte: Web VOZ NATURA)

Se premedes na imaxe, poderedes escoitar o conto "Árbores no camiño". A autora desta historia lémbranos que todos e todas formamos parte da natureza e somos importantes na mesma medida, coma unha gran familia, na que todos coidan de todos.

Agardamos que vos guste e que coma Karim, o protagonista do conto, comprendades cal é o noso papel no coidado do planeta, a nosa casa común. 

 Imaxe: Árbores no Camiño, OQO editora

E despois... Vós tedes a palabra: Que imos facer nós?

Reflexionade e acordade nas aulas cales serán os vosos compromisos individuais e de grupo para ser "Aula Verde". Escribídeos nun papel e deixádeos nun lugar visible da clase para poder lembralos con frecuencia. Non vos esquezades de asinar o pacto acadado!

 

O bo camiño! 

 



page | by Dr. Radut