Skip to Content

Voz Natura

TALLER DE DECORACIÓN NADAL 22

Álbum: CURSO 2022-2023 -> TALLER DE DECORACIÓN PARA NADAL 22

O xoves, 1 de decembro, tivo lugar un taller de Decoración para o Nadal organizado dentro das actividades que leva a cabo o Equipo de Voz Natura do Raquel Camacho.

Reutilizar e reciclar materiais habituais para darlles unha segunda ou terceira utilidade vai contribuir ao coidado do noso planeta e, tamén, a disfrutar de cousas cun menor custo económico.

Copiáronse modelos, púxose en funcionamento a creatividade e, tamén, pasamos un bo momento traballando en familia e con amigos.

Moitas grazas ás familias que fixeron posible a realización deste taller. Foi o inicio, esperamos poder organizar outros máis e contar coa vosa asistencia.

BO NADAL!!

TALLER PARA FAMILIAS DE DECORACIÓN DE NADAL

Prezadas familias:

Dende o Equipo de Voz Natura do colexio, organizamos un taller de Decoración de Nadal para familias con materiais de refugallo (reciclaxe) ao que poden apuntarse premendo aquí e asistir acompañando aos seus fillos e fillas ou vostedes sós.

Terá lugar o vindeiro xoves (1 de decembro, de 4 a 6 da tarde) na biblioteca do centro. O prazo para apuntarse remata o 28 de novembro.

Contamos coa súa asistencia.

ANÍMENSE A PARTICIPAR!!!

Algúns materiais que imos empregar son:

  • Tubos de papel hixiénico, purpurina.
  • Caixas de distintos tamaños, lana (para facer pompóns), espumillón granate.
  • Chapas de latas de refresco, tapas de caixas de plástico transparente ou doutros recipientes.
  • Cortizas de botellas, cinta ou lazo estreito.
  • Cápsulas de café valeiras.
  • Cordóns.
  • Botóns

Os asistentes deberán aportar, unicamente, ese material que usen na casa e os lazos e cordóns que poidan ter.

O PROXECTO VOZ NATURA DESTE CURSO

Un ano máis o cole participou no programa VOZ NATURA de La Voz de Galicia.

Velaquí tedes un resumo do que fixemos.

Grazas a todos e todas pola vosa participación!

O PRIMEIRO DÍA COMO LABREGAS/OS

Álbum: Educación Infantil 2021-2022 -> Un día como labregas/os 5 anos

Labregas, campesiñas, labradoras... dá igual como chamalas. O importante é que hoxe comezamos a tempada de traballo na nosa micro-leira. O alumnado de 3 anos xa estivera retirando as malas herbas dos bancais que temos na horta. Faltaban dous por limpar e iso foi o que fixemos hoxe aproveitando a hora de Atención educativa (alternativa de relixión católica).

Despois, con todo o mundo na clase e cando rematamos a tarefa diaria, puxémonos cos bulbos de tulipán. Hai uns días, pedímoslles ás familias que trouxeran un bote de refugallo para plantalos e hoxe puxémonos ao tema!

Botamos terra no bote.

Collemos os bulbos de tulipán.

Enterrámolos un chisco.

Botamos terra por riba do bulbo.

Regamos.

E finalmente colocámolos na repisa da ventá para que lles dea o aire.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut