Skip to Content

FABRICANDO O NOSO PROPIO COMPOST

Como xa saberedes, este mes de xaneiro no cole estamos a facer unhas merendas moi saudábeis. Mandarinas moi saborosas (están xusto no seu tempo por seren froitas do inverno), plátanos e arandos que moitos e moitas vos animastes a probar. 

A cousa non queda ahí... Entre todos e todas conseguimos rematar de encher o composteiro no que botamos os restos da poda (que vimos de facer), das merendas con froita e da limpeza dos bancais. 

 

Desde o Equipo Voz Natura do cole queremos agradecervos a todos e a todas a vosa colaboración.

   

Picade na imaxe se queredes saber máis sobre a compostaxe no colexio.

 

Bo Camiño!   



page | by Dr. Radut