Skip to Content

Taboleiro de anuncios

ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA

Prezadas familias:

As súas fillas/os levaron unha circular na que se lles convida a participar nunha enquisa para mellorar a convivencia escolar. Poden acceder á enquisa a través deste enlace:

https://edu.xunta.gal/convfamil

Pediráselle unha clave/código para entrar, que é a que figura na circular que hoxe levaron para a casa. Se tivese algún problema ou precisase un novo código, pode poñerse en contacto coa dirección do centro.

O prazo para cubrir a enquisa remata o día 22 de maio. A súa opinión e moi importante e valiosa, polo que lle agradecemos a súa colaboración e participación.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2023/24

Desde hoxe están expostas no taboleiro do colexio as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido para o curso que vén. Dispós de 5 días para presentares reclamacións.

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Segundo a Orde do 20 de maio de 2022, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 22-23 na comunidade autónoma de Galicia, as vacacións de Semana Santa abranguerán desde o día 3 ata o día 10 de abril de 2023, ambos inclusive.

Vémonos novamente o martes, 11 de abril.

Goza destes días en familia!

BOLSAS (BECAS) DE COMEDOR 2023/2024

Onte, 7 de marzo, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2023-2024.

Prazo de presentación: do 13 de marzo ao 12 de abril, ambos incluídos.

Onde se pode consultar toda a info sobre estas bolsas?

  • Na web municipal de servizos sociais (premendo aquí).
  • Na sede electrónica municipal (premendo aquí).
  • No teléfono 010 de información á cidadanía.

Ademais, para facilitar a presentación de solicitudes e a resolución de dúbidas sobre a convocatoria, realizaranse sesións informativas nalgúns centros cívicos municipais, abertas ao público. O que máis preto se atopa do noso colexio é CCM PESCADORES cuxo reunión se celebrará o 24 de marzo ás 10.00 horas.

NOTA: Entre outros requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.

Distribuir contido


by Dr. Radut