Skip to Content

E. Primaria

AGASALLOS DO SELO DE CALIDADE EN E-TWINNING

Lembras que o curso pasado creamos un conto viaxeiro con outras escolas europeas a través da plataforma e-Twinning? E xa che contamos en setembro que o proxecto recibiu o selo de calidade. Pois hoxe o alumado que participou naquela iniciativa recibiu uns agasallos e a placa conmemorativa que imos colgar na entrada do colexio.

 

LETRAS FLOTANTES

Álbum: Educación Primaria 2022-2023 -> Ciencia en galego en 1º EP: letras flotantes

Fixemos debuxos con rotulador de lousa (pizarra) en culleres e pratos e, ao mergullalos en auga ou botarlles auga por riba, estes debuxos comezaron a flotar.

Isto débese a que a tinta dos rotuladotes de lousa branca levan tinta soluble en auga. Así que, ao engadir a auga, xorde unha forza de flotación que empuxa a tinta cara arriba porque a tinta é menos densa que a auga.

CANDEA GRANDE, CANDEA PEQUENA

Álbum: Educación Primaria 2022-2023 -> Ciencia en galego en 6º EP: candea grande, candea pequena

Colle dúas candeas de diferente tamaño: unha grande e outra pequena.

Acéndeas e cúbreas cun vidro.

Observa cal se apaga antes.

A que cres que é debido?

Pensa nunha situación da vida real na que esta información poida resultarche útil.

CONSTRÚE OS TEUS PULMÓNS!!!

Álbum: Educación Primaria 2022-2023 -> Ciencia en galego en 6º EP: pulmón artificial

Para comprender mellor como funcionan os nosos pulmóns propoñemos este pequeno experimento, que podedes realizar na casa. O material necesario é moi sinxelo:

  • botella de plástico
  • cinta aillante 
  • 2 palliñas de plástico
  • 2 globos
  • 1 globo máis grande ou guante flexible

Preparados? Comezamos:

  1. Cortamos a  botella de plástico (representa a caixa torácica) e facemos un pequeño burato no tapón.
  2. Collemos un globo e recortamos a parte superior. Os globos representan os pulmóns. A continuación, introducimos o globo nunha palliña, que representa o bronquio e sellámola con cinta. Repetimos esta operación dúas veces, posto que temos dous pulmóns.
  3. Introducimos as palliñas dentro doutra  máis longa ( a traquea).  
  4. Unha vez feito  unímolas con cinta aillante, metémolas na botella.
  5. Sellamos a parte superior do tapón con cinta aillante ou plastilina.
  6. Na parte inferior colocamos un globo máis grande ou un guante e sellámolo con cinta. Representa o diafragma, un músculo  situado debaixo dos pulmóns que cande se contrae permite que os pulmóns se enchan de aire, polo que os globos agrandan. Cando se relaxa o aire sae dos  pulmóns e os globos quedan desinchados.

Proba a facelo. Seguro que pasarás un bo rato!!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut