Skip to Content

eTwinning

QUE É eTWINNING?

eTwinning é a comunidade de centros escolares de Europa.

Ofrece unha plataforma aos equipos educativos (profesorado, equipos directivos, persoal de biblioteca, etc.) dos centros escolares dos países europeos participantes, para comunicarse, colaborar, desenvolver proxectos, compartir ou o que é o mesmo: sentirse e formar parte da comunidade educativa máis atractiva de Europa.  eTwinning está cofinanciado por Erasmus+, programa europeo para a educación, formación, mocidade e deporte.

Nesta sección imos ir colgando toda a info relacionada con este proxecto no noso colexio.

AGASALLOS DO SELO DE CALIDADE EN E-TWINNING

Lembras que o curso pasado creamos un conto viaxeiro con outras escolas europeas a través da plataforma e-Twinning? E xa che contamos en setembro que o proxecto recibiu o selo de calidade. Pois hoxe o alumado que participou naquela iniciativa recibiu uns agasallos e a placa conmemorativa que imos colgar na entrada do colexio.

 

SELO DE CALIDADE EN E-TWINNING

CAPÍTULO 5 DO "TRAVELLING TALE"

Xa hai uns días que está publicado pero non nos dou máis na volta.

Desde Adana en Turquía, aí vai o capítulo 5. O seguinte virá desde Mallorca!

Distribuir contido


by Dr. Radut