Skip to Content

eTwinning

CAPÍTULO 4 DO "TRAVELLING TALE"

Despois do CEIP Almanzor de Candeleda (Ávila), o conto ía directo a Šilutė (Lituania). O cole chámase nursery-kindergarten Žvaigždutė e a súa profe, Indrė, e o seu alumnado xa imaxinaron a súa parte. Preme na imaxe para descubrila!

CAPÍTULO 3 DO "TRAVELLING TALE"

Xa che contamos hai unhas semanas que estamos a crear un conto entre varios coles de Europa (máis info). A clase de 6º A de Infantil foi a encargada de comezalo e, despois de pasar por unha aula de Analya (Turquía) tocáballe ao CEIP Almanzor de Candeleda (Ávila). E xa a publicaron!

Agora, o conto viaxará a esta escola de Lituania.

CAPÍTULO 2 DO "TRAVELLING TALE"

Xa che contamos hai unhas semanas que estamos a crear un conto entre varios coles de Europa (máis info). A clase de 6º A de Infantil foi a encargada de comezalo e estas dúas semanas unha aula de Analya (Turquía) tiña que continualo. E así o fixeron. Queres ver o resultado? Pois preme na foto de enriba.

Agora a seguinte clase en imaxinar o que pasará nesta interesantísima historia atópase no CEIP Almanzor de Candeleda (Ávila). Esperamos impacientes a súa parte!

CAPÍTULO 1 DO NOSO "TRAVELLING TALE"

A clase de 6º A de E. Infantil está a participar dentro desta plataforma europea nun proxecto chamado Travelling tales (contos viaxeiros). Trátase dun proxecto de literatura para nenos/as de 3 a 7 anos que consiste en desenvolver unha historia de xeito colaborativo e gradual entre escolas de diferentes lugares de Europa: Turquía, Lituania e outras partes de España. Como resultado final deste proxecto, crearase un documento ou presentación con todas as pezas dunha historia inventadas polas seis escolas participantes.

E a primeira clase en comezar este travelling tale era a de 6º A. E así o fixemos. Comezamos...

...elixindo uns personaxes para a nosa historia.

Aquí tes o...

...making of do noso conto.

E como resultado froito da imaxinación da rapazada temos este comezo de conto:

Capítulo 1 do noso conto viaxeiro

Como ves, os nosos protagonistas están perdidos no bosque e Mamá, enferma. Como sairán desta? Iso non o temos que pensar nós. Agora tócalle traballar aos 13 nenos e nenas dunha escola de Alanya, en Turquía.

Así que...

...continuará.

Distribuir contido


by Dr. Radut