Skip to Content

TELE-TECA. RESUMO DO ANO OLÍMPICO

O curso olímpico vai chegando ao seu fin.

Os pequenos e pequenas grandes reporteiros de Visma fixeron este informativo resumo. Tomade asento e a desfrutar do seu bo facer.

Preme na imaxe para ver o vídeo.

GRADUACIÓN 6º DE PRIMARIA 2022

Os rapazes e rapazas de 6º rematan a súa etapa no colexio para iniciar unha nova no instituto.

Sodes un grupo de rapaces e rapazas activos, participativos e sempre dispostos, polo que desexamos de todo corazón que este colexio deixara en cada un de vós a mesma pegada que vós deixades aquí.

Desexámovos o mellor no que está por vir.

GRADUACIÓN INFANTIL 2022

As nenas e nenos de 6º de infantil son maiores. O próximo curso van iniciar, ilusionados e contentos, una nova etapa.

Este luns celebraron a súa graduación chea de ledicia, sorisos, emocións e actuacións. Aí tendes o vídeo para ver o que pasou.

 

ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO E MATRÍCULA PARA O CURSO 2022/23


 

Xa están dispoñibles no taboleiro de anuncios do centro as listaxes definitivas de alumnado admitido en non admiitido para o curso 2022/23.

O alumnado admitido deberá realizar a matrícula para o vindeiro curso.

Que prazo?

Do 20 ao 30 de xuño, ambos incluídos.

Que documentación hai que presentar?

  • Impreso para a formalización da matrícula que pode descargarse premendo AQUÍ.
  • Impreso para a actualización de datos e autorizacións que pode descargarse premendo AQUÍ.
  • Dúas fotografías actualizadas tamaño carné.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Cartilla de vacinación actualizada.
  • DNI do alumno/a (no caso de telo).
  • En caso de divorcio ou separación, copia cotexada (pode realizarse no propio centro) da setenza xudicial e/ou do convenio regulador onde conste a custodia do alumno/a.

Onde presentar a documentación?

Na secretaría do centro.

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022-2023

 

 Faise pública a relación de libros de texto para o vindeiro curso académico 2022-23. Preme na ligazón para acceder a información.

LIBROS 1º DE EP

LIBROS 2º DE EP

LIBROS 3º DE EP

LIBROS 4º DE EP

Lembramos que o alumnado de Infantil e o de  5º e 6º de Primaria, por estar dentro do programa E-dixgal da Consellería de Educación, NON emprega libros de texto.

 

1906, A FORZA DE HÉRCULES

Como broche final do “fenómeno musical” deste curso e, conmemorando hoxe o “Día Nacional de las Lenguas de Signos Españolas”, publicamos o vídeo que fixemos entre todos e todas da canción “1906: A forza de Hércules” de Mar de Fondo.

Unha vez máis darlle as grazas a Jesús Suárez por cedernos a súa música e darnos esta oportunidade e tamén grazas a todos/as os que formades a comunidade educativa do San Pedro de Visma por facer posible este vídeo.

Chegou agora o momento de disfrutalo.
Agardamos que vos guste.

 

BECAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

O Ministerio de Educación e Formación Profesional acaba de convocar as axudas para o curso 2022/23 para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Cal é o prazo de presentación de solicitudes?

Do 19 de maio ao 30 de setembro.

Onde se pode presentar a solicitude?

As solicitudes deberán cumplimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es  ou a través das sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional (https://sede.educacion.gob.es).

As persoas solicitantes que non dispoñan de firma dixital poden  imprimir e presentar a solicitude, xunto co resto de documentación, na secretaría do centro no que o alumno/a vaia realizar os seus estudos no curso 2022/23.

Podes ampliar a información na seguinte ligazón https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

Consulta a convocatoria premendo AQUÍ.

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/2023

 

Aberto o prazo para participación no fondo solidario e axudas para a adquisción de libros de texto e material escolar para curso 2022/23:

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de maio ata o 22 de xuño, ambos incluídos.
  • Forma de prestación de solicitudes: preferentemente de xeito telemático empregando a aplicación informática "fondolibros" a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, na secretaría do centro ou nos rexistros oficias.
  • Impresos de solicutude para a presentación presencial: descárgaospremendo en anexo I e anexo II.

Podes ampliar esta información na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros 

 

CEIP PLURILINGÜE SAN PEDRO DE VISMA

TALLER DE CREACIÓN DE PULSEIRAS OLÍMPICAS

Xa está en marcha o taller de creación de pulseiras olímpicas.

Esta actividade pon de manifesto un dos máis importante valores olímpicos, o compañeirismo. Os nenos e nenas maiores axudaron aos pequenos a súa elaboración.

Un gran recorde deste curso olímpico, feito polo alumnado e para o alumnado.

Álbum: CURSO 2021/2022 -> Creación de pulseiras olímpicas
Distribuir contido


by Dr. Radut