Ed. Física

DÍA 8 DE MARZO: MULLER E DEPORTE. PIONEIRAS DO DEPORTE (Misión secreta)

Ola rapaces/as!

 

Sei que vos parece o mais normal ver mulleres/mozas/nenas practicando deporte (na tele, na rúa, no cole, etc.) pero nada mais lonxe da realidade. Non fai demasiado tempo as mulleres tiñan vetada a práctica deportiva e no mellor dos casos, esta se limitaba a unhas poucas modalidades deportivas.

 

Temos que agradecer á loita de moitas mulleres que hoxe poidamos elixir o deporte que mais nos gusta (a pesar de que en determinadas modalidades, aínda non se trata por igual aos homes que ás mulleres). Desgraciadamente, aínda queda camiño por andar.

 

Co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora, que celebramos  o próximo mércores 8 de Marzo, propóñovos unha Misión secreta: debedes descubrir quen son estas “Pioneiras do deporte” e o porqué de estar incluídas nesta lista (algunhas son deportistas españolas e outras estranxeiras, algunhas son históricas e outras contemporáneas, pero todas influíron en que ti mais eu podamos ser deportistas hoxe en día).

Esta Misión é totalmente voluntaria (contará na Nota final como un punto positivo): deberedes entregar un traballo escrito sobre unha destas grandes mulleres (Cando e onde viviron, que deporte practicaban, por que se lles recorda, algunha anécdota, etc...). Con tódolos traballos formaremos un mural sobre “Muller e deporte”. O prazo de entrega será ata o xoves 9 de Marzo.

 

Que a forza vos acompañe!

 

GRANDES MULLERES DO DEPORTE:

- Kathrine Switzer (corredora de marathon)

- Charlotte Cooper (tenista)

- Alice Milliat (Olimpismo feminino)

- Fanny Blankers-Koen (atleta)

- Nadia Comaneci (gimnasta)

- Margot Moles (esquiadora)

- Theresa Zabell (regatista- vela)

- Miriam Blasco (judoka)

- Arantxa Sánchez Vicario (tenista)

- Blanca Fernández Ochoa (esquiadora)

- Edurne Pasabán (alpinista)

-Podedes engadir calquera outra deportista que consideredes "Pioneira dun deporte"

 

RECURSOS PARA O PROXECTO "GUÍA DA SAÚDE" 5º e 6º E.P.

                                                             

Ola rapaces/as!

Aquí vos deixo algúns enlaces interesantes para realizar os vosos traballos para crear a “Guía da saúde”, segundo as temáticas de cada grupo. Moito ánimo!

 

1. HIXIENE CORPORAL

- Rap da tos e o codo

https://www.youtube.com/watch?v=7wC_UMHo9M4

- Hábitos de hixiene

blob:https://www.youtube.com/2f636782-8099-48b6-99fa-c9e282818273

- Guerra de xérmenes

https://youtu.be/2LbJe4lTJgs

- Xérmenes e bacterias

https://youtu.be/1jJ9Ir8BaE8

- Un mundo de piollos

https://youtu.be/Jo88vklzl1k

2. PRIMEIROS AUXILIOS

- Infografía Primeiros auxilios

http://www.horacero.com.mx/infografia/primeros-auxilios/

- Que debe ter un botiquín escolar

http://sigfri.blogspot.com.es/2012/03/que-debe-contener-un-botiquin-escolar.html?spref=pi

- Primeiros auxilios en feridas

https://s-media-cache-ak0.pinimg.com/originals/da/b1/30/dab13027b4a1b5dbdddea34ad63c1db7.jpg

- Vídeo queimaduras

https://www.youtube.com/watch?v=chWzxIDpNts&feature=share

- Botiquín de primeiros auxilios

http://www.ospesalud.com.ar/que-incluir-en-un-botiquin-de-primeros-auxilios/

- Vídeo de atragantamento e manobra de Heimlich

https://www.youtube.com/watch?v=2IcWxyvh0c8&feature=share

https://s-media-cache-ak0.pinimg.com/originals/bd/f9/bf/bdf9bf0a9ffef57f0437e90e380416d9.jpg

- Infografía Golpe de calor

http://pulsoslp.com.mx/2014/04/03/infografia-golpe-de-calor-que-es-y-como-evitarlo/

 - Video "Jacinto y sus amigos nos enseñan RCP"

https://www.youtube.com/watch?v=sya_zuYfqOY&feature=share

- Video Koruño RCP (Parte 1)

https://www.youtube.com/watch?v=ZQdwoRf-TLg&feature=share

- Video Koruño "Utilización do desfibrilador"

https://www.youtube.com/watch?v=6W4zbqWWDs8&feature=share

- Diabetes: Qué facer en caso de hipoglucemia?

https://www.infermeravirtual.com/esp/problemas_de_salud/enfermedades_transtornos/diabetes#tutorial-45-la_hipoglucemia

3. ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN

- Comida saludable.

http://marcandotendencia2.webnode.es/comida-saludable/

 

4. HÁBITOS NOCIVOS PARA A SAÚDE

 - Compoñentes dun cigarro.

 

5. ACTIVIDADE FÍSICA SAUDABLE

 - Pirámide da actividade física.

http://www.imageneseducativas.com/piramide-de-la-actividad-fisica-para-la-infancia/

- Hábitos de vida saudables

http://webdelmaestro.com/tag/habitos-saludables-para-primaria/

http://post.espaldalibrededolor.com/index.php/2016/03/29/decalogo-de-salud/

- Actividades física saludable.

https://www.citysalud.es/infografia/?id=3&nombre=actividad_fisica

6. HIXIENE POSTURAL

- Uso correcto da mochila

https://recursosdidacticosparaimprimir.blogspot.com.es/2015/09/8-consejos-para-el-uso-correcto-de-la.html

- Perigos das mochilas pesadas

http://www.huffingtonpost.es/2014/09/08/peligros-mochilas-pesadas_n_5743430.html

- Malas posturas

https://ticsyformacion.com/2014/03/05/10-malas-posturas-mas-comunes-infografia-infographic-health/

- Cómo cuidar as costas

http://www.hogarmania.com/salud/salud-familiar/prevencion-cuidados/201409/infografia-sobre-como-cuidar-espalda-25861.html

- Alivio da dor de pescozo

http://www.consejosdefarmacia.com/2013/06/Alivio-dolor-de-cuello-cervicalgia.html

PROGRAMA COÑECE O TEU DEPORTE: Judo e Defensa Persoal en Educación Física

Dende o departamento de Educación Física este curso traballamos o Programa "Coñece o teu deporte" co obxectivo de fomentar estilos de vida saudables entre os nosos alumnos/as mediante a práctica deportiva.

Nel, os nosos alumnos7as achegaranse ás distintas modalidades deportivas, coñecerán as súas normas e poderán experimentar a súa práctica, da man dos especialistas invitados (adestradores e deportistas profesionais) que nos visitarán nas nosas sesións, ao longo do curso.

Esperamos que este achegamento aos distintos deportes sirva para animar a todos os nenos/as a practicar deporte e para conciencialos da importancia de ter unha vida activa na prevención de enfermidades e malos hábitos na adolescencia e idade adulta.

No mes de Novembro iniciamos este Programa achegándonos ao mundo do Judo e a Defensa Persoal da man de Bernardo Romay (Mestre/Adestrador Nacional de Judo e Defensa Persoal) que, xunto co seu equipo de profesores, impartiron unha sesión desta modalidade deportiva nas clases de Educación Física.

 

EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

Os alumnos do San Pedro de Visma participan na Praza de María Pita do Día da Educación Física na Rúa.

Día 7 de Abril: Día Mundial da Saúde

 
Os alumnos/as de 4º conmemoramos o Día Mundial da Saúde bailando este Rap, para recordar a importancia da hixiene das mans na prevención da trasmisión de enfermidades.
 
¡Agardamos que o disfrutedes!

JUDO EN EDUCACIÓN FÍSICA

Comezamos a dinamización no patio

No noso centro, este curso, estamos a desenvolver un proxecto de dinamización nos recreos priorizando os xogos populares.

 

1º CAMPIONATO DE XOGOS E DEPORTE

1º CAMPIONATO DE XOGOS E DEPORTE

 

Powered by Drupal - Design by artinet