BAILE GRADUACIÓN 4º INFANTIL CURSO 18/19

PREMIOS CERTAME POESÍA

Tras celebrar en marzo o Día Mundial da Poesía, puxemos en marcha un concurso de poesía para todos os niveis de primaria. No festival das Letras Galegas entregamos os premios, un por cada nivel e unha mención especial á mellor poesía en galego.

Os/as gañadores/as son:

Aroa de 1º primaria, Miriam de 2º, Daniela de 3º, Lucía de 4º, Marcos de 5º e Critina de 6º. A mención especial foi para Noa de 5º.

 

    

   

 

 

NORABOA ÁS GAÑADOR@S!!!

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2019

LETRAS GALEGAS 2019

 

Este ano as Letras Galegas dedicáronse a Antón Fraguas. Durante a semana das Letras Galegas leváronse a cabo diversas actividades:

Os alumnos de infantil realizaron un mural coa figura de Antonio Fraguas.

Os alumnos de 1º e 2º representaron "O piollo e a pulga".

 

 

 

Os alumnos dos cursos superiores de primaria representaron "O catecismo do labrego".

No seguinte video podedes ver un retrinco da obra.

 

 

Tamén houbo unha exposición do traxe típico galego e de algúns intrumentos musicais. Os alumnos fixeron actividades para coñecer todas as prendas que o compoñen.

 

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA

NO  SEGUINTE ENLACE PODEN CONSULTAR A CONVOCATORIA DE PRAZAS PARA O CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE A CORUÑA PARA NENOS/AS CON N.E.E.

PREME AQUÍ

ROBÓTICA E MEDIO AMBENTE

Coa axuda da fundación Prosegur, o alumnado de 5º A renovou os seus coñecementos sobre a conservación do noso medio ambente. A actividade viña acompañada de certos aspectos moi motivadores: o traballo en grupo e o manexo de robots. Finalmente desenvolveron o seu propio proxecto. Moi motivadora e completa.

BECAS DE COMEDOR DO CONCELLO 2019-2020

ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE BECAS DO COMEDOR CARA AO VINDEIRO CURSO.

MAIS INFORMACIÓN PREME AQUÍ

Educación Física na rúa

O alumnado de 4º, 5º e 6º do San Pedro de Visma participou no día da Educación Física na rúa celebrado na praza de María Pita. Con esta celebración, dende o colexio queremos dar máis importancia a Educación Física e actividades deportivas na vida diaria, facendo ver a importancia destas na saúde e nos valores. Polo que os nenos e nenas de todos os colexios presentes na paraza de María Pita a rematar as actividades construiron as iniciais EVA (Estilo de Vida Activo).

Podedes ver as novas de hoxe 11 de abril na prensa local:

https://www.elidealgallego.com/album/coruna/dia-de-la-educacion-fisica/20190410220303402850.html

https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2019/04/11/cinco-colegios-instituto-celebran-dia/1392205.html

https://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/maria-pita-llena-actividades-deportivas-reivindicar-mas-horas-lectivas-educacion-fisica/20190410203840402803.html

 

TRABALLANDO COA PERSPECTIVA

 

O traballo coa perspectiva na nosa actividade MUS-E de audiovisuais fai florecer a creatividade do noso alumnado. Este é un pequeno exemplo.

MUS-E EDUCANDO A TRAVÉS DAS ARTES

Powered by Drupal - Design by artinet