Skip to Content

Activ. colectivas

MAGOSTO 2018

Álbum: CURSO 2018-2019 -> Magosto 2018

O pasado venres, 16 de novembro, celebramos o magosto no colexio.

Desde moi cedo, o aire comezou a recender a castañas asadas. Coa primeira tixolada delas, un grupiño de nenos e nenas de Infantil fomos elaborando sobres agasallo con tres castañas (lembrade a canción). Para que? Para levárllelos os pequenos e pequenas da EIM Agra do Orzán. A xentiña da escola infantil quedou encantada.

Por certo, cando chegamos alí, Pablo Díaz, o cantante, estaba preparando o escenario para un concerto. E, claro, xa que estabamos alí, quedamos a velo.

 

Despois do recreo, estivemos rotando por diferentes xogos onde a castaña era a protagonista. Logo, sentamos nas tradicionais pozas (son de papel, non vos preocupedes), repartíronse os premios do concurso de cabazas do Samaín e do de relatos Dáme medo.

 Finalmente, chegou o principal do magosto: inchar a castañas.

CHEGA O MAGOSTO 2018

Estivemos agardando a que o tempo amainara un chisco e, agora si, xa podemos celebrar o magosto. Será este venres, 16 de novembro. Non vos recende a castañas xa?

SAMAÍN 2018

Álbum: CURSO 2018-2019 -> Samaín 2018

Hoxe, celebramos o Samaín no colexio cunha chea de actividades. Desde o luns, un cento de cabazas decoradas para a ocasión lucían no vestíbulo, sorprendendo coa súa orixinalidade.

Moitos cativos e cativas entraron ben cedo no colexio vestindo disfraces terroríficos: zombis, meigas, diaños... Metían medo!

E como prato forte, durante toda a mañá, por clases, fomos visitando O Samaín Rebuldeiro, un túnel do terror montado, nun fantástico traballo colaborativo do alumnado maior, no ximnasio do colexio. Pasear por el converteuse nunha experiencia arrepiante.

Para ver todas as imaxes, preme nas fotos de enriba ou entra na galería do colexio.

CONCURSO DE CABAZAS DO SAMAÍN

Álbum: CURSO 2018-2019 -> Concurso de cabazas do Samaín

Lembrades o Samaín do ano pasado? Desde este luns, un cento de cabazas decoradas para a ocasión locen no vestíbulo, sorprendendo coa súa orixinalidade. Botádelles un ollo!

Por certo, algo estase a argallar no ximnasio. Algo que, crédenos, será aterrador. Sorprendido

Distribuir contido


by Dr. Radut