Skip to Content

Activ. colectivas

MAGOSTO 2019

Álbum: CURSO 2019-2020 -> Magosto 2019

O pasado venres, 16 de novembro, celebramos o magosto no colexio.

Desde moi cedo, o aire comezou a recender a castañas asadas. Coa primeira tixolada delas, un grupiño de nenos e nenas de Infantil fomos elaborando sobres agasallo con tres castañas (lembrade a canción). Para que? Para levárllelos os pequenos e pequenas da EIM Agra do Orzán. A xentiña da escola infantil quedou encantada.

Como había previsión de chuvia, non puidemos visitar as outras dúas escolas que tiñamos previstas. Así que a semana que entra, acudiremos a Os Pequerrechos e a Parrulos. Tampouco puidemos realizar os tradicionais xogos do Magosto. Outro ano será!

Ao final, sentamos nas tradicionais pozas (son de papel, non vos preocupedes), repartíronse os premios do concurso de cabazas do Samaín e do de relatos Dáme medo.

SAMAÍN 2019

Álbum: CURSO 2019-2020 -> Samaín Rebuldeiro 2019

Hoxe, celebramos o Samaín

que nalgúns sitios lle chaman Halloween.

Así canta Mamá Cabra na canción que estivo a soar estes días na megafonía e, nós, no colexio, celebrámolo cunha chea de actividades. Desde o luns, un cento de cabazas decoradas para a ocasión lucían no vestíbulo, sorprendendo coa súa orixinalidade.

Como prato forte, o que vedes na primeira foto: o Samaín Rebuldeiro. Durante toda a mañá, por clases, fomos visitándoo. Trátase dun túnel do terror montado, nun fantástico traballo colaborativo e de interpretación do alumnado maior, no ximnasio do colexio. Pasear por el converteuse nunha experiencia arrepiante.

Moitos cativos e cativas entraron ben cedo no colexio vestindo disfraces terroríficos: zombis, meigas, diaños... Metían medo! Unha boa ocasión para falar na clase sobre este sentimento.

Finalmente, nalgunhas clases, preparamos receitas arrepiantes!

FESTIVAL FIN DE CURSO 2019

Álbum: CURSO 2018-2019 -> Festival Fin de Curso 2019

A semana pasada celebramos por todo o alto, coma sempre, o noso Festival Fin de Curso 2019. Aquí vos deixamos cunha ampla reportaxe gráfica con fotos e vídeos (preme na lista de reprodución de embaixo) do evento.

Distribuir contido


by Dr. Radut