Skip to Content

Activ. colectivas

OBRADOIRO DE CHAPAS POLA IGUALDADE

Álbum: CURSO 2019-2020 -> Obradoiro de chapas

Hoxe, todas as aulas participaron nun obradoiro de creación de chapas customizadas co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Non só se trataba diso. O importante foi que nos permitiu volver reflexionar, unha vez máis (nunca é abondo), sobre unha palabra marabillosa. Apúntaa: igualdade.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Logo dunha votación masiva da comunidade educativa do colexio, elixiuse este fermoso e directo lema. O CEIP Raquel Camacho súmase á condena rotunda contra esta pandemia global. Dicimos NON!

 

VOTACIÓN DO LEMA PARA O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O CEIP Raquel Camacho quérese sumar á repulsa a esta lacra creando o seu propio lema. Axúdanos a elixir un que sexa directo, orixinal e impactante. A enquisa pecharase este luns, 25 de novembro, ás 14 horas.

Todas as clases escolleron un lema para esta actividade conmemorativa e realizamos unha pequena escolla. Aquí deixamos as catro frases finalistas.

MAGOSTO 2019

Álbum: CURSO 2019-2020 -> Magosto 2019

O pasado venres, 16 de novembro, celebramos o magosto no colexio.

Desde moi cedo, o aire comezou a recender a castañas asadas. Coa primeira tixolada delas, un grupiño de nenos e nenas de Infantil fomos elaborando sobres agasallo con tres castañas (lembrade a canción). Para que? Para levárllelos os pequenos e pequenas da EIM Agra do Orzán. A xentiña da escola infantil quedou encantada.

Como había previsión de chuvia, non puidemos visitar as outras dúas escolas que tiñamos previstas. Así que a semana que entra, acudiremos a Os Pequerrechos e a Parrulos. Tampouco puidemos realizar os tradicionais xogos do Magosto. Outro ano será!

Ao final, sentamos nas tradicionais pozas (son de papel, non vos preocupedes), repartíronse os premios do concurso de cabazas do Samaín e do de relatos Dáme medo.

Distribuir contido


by Dr. Radut