Skip to Content

Activ. colectivas

O COLEXIO NO FESTIVAL DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS/AS AGRA DO ORZÁN

Álbum: CURSO 2018-2019 -> 1º Festival da Asociación Veciñal do barrio da Agra do Orzán

Queremos agradecer á Asociación Veciñal do barrio da Agra do Orzán que contase co noso colexio para formar parte do seu primeiro festival Por amor á palabra. Aquí vos deixamos a reportaxe gráfica do evento.

VISITA DO APALPADOR 2018

Álbum: CURSO 2018-2019 -> Visita do Apalpador 2018

Levabamos todos estes días preparando a súa visita:

lemos o conto,

practicamos a súa canción

e aprendemos unha panxoliña.

E, finalmente, hoxe alguén chamou á porta dalgunhas aulas e, ao abrila, apareceu el: o Apalpador. Recén chegado do Courel, coa súa chaqueta de pana, a súa barba roxa e, oh sorpresa, cunha guitarra ao lombo. Falounos de quen era, cantamos con el unha panxoliñas e, como xa se lle acabaran as castañas, agasallounos cuns caramelos. Ata o ano que vén, Apalpador!

FESTIVAL DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS/AS AGRA DO ORZÁN

O vindeiro 20 de decembro, ás 18, no Ágora, celebrarase o 1º Festival da Asociación Veciñal do barrio da Agra do Orzán. Por suposto, o noso colexio non podía faltar á cita e alí estará con tres actuacións. Non deixedes de asistir.

ACTO DO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Premede na imaxe para ver a crónica no Rakonto.

Distribuir contido


by Dr. Radut