Skip to Content

Activ. colectivas

A CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ 2018

Xa está dispoñible nos Rakontos a canción para o Día Escolar da Paz en a Non Violencia. Preme na imaxe.

Tamén temos a letra en pictogramas. Preme na imaxe.

MAGOSTO 2017

 

O pasado venres festexamos o tradicional magosto. Comezamos a mañá prendendo os fogóns e enchendo aos poucos as potas coas castañas (por certo, grazas ás familias pola colaboración). O recendo das castañas asadas espallouse polo colexio e entráronnos as gañas de xogar. No patio, montamos unha chea de xogos con castañas e fomos pasando por todos eles.

Esgotados e esgotadas de correr, sentamos no pavillón onde, en primeiro lugar, entregáronse os premios dos concursos do Samaín: o de cabazas e o de relatos Dáme medo. Parabéns aos premiados e premiadas! Se queredes ler os contos no Rakonto, premede nesta ligazón.

 

Xa para rematar, o máis importante dun magosto: comer as castañas. Mirade as fotos: houbo quen comeu un par de ducias delas.

 

SAMAÍN 2017

 

Onte celebramos o Samaín no colexio cunha chea de actividades. Desde o luns, un cento de cabazas decoradas para a ocasión lucían no vestíbulo, sorprendendo coa súa orixinalidade.

Xa o martes, moitos cativos e cativas entraron ben cedo no colexio vestindo disfraces terroríficos: zombis, meigas, diaños... Metían medo!

Durante toda a mañá, por clases, fomos visitando O Samaín Rebuldeiro, un túnel do terror montado no ximnasio do colexio. Pasear por el converteuse nunha experiencia arrepiante.

Despois do recreo, todo o colexio xuntouse no pavillón para gozar da actuación duns mortos viventes imitando o famoso Thriller de Michael Jackson. O publico de forma unánime pediu un bis e o grupo non se fixo de rogar. Preme na imaxe para ver o vídeo da actuación.

EXPOSICIÓN SOBRE ARTE FRICANA NA BIBLIOTECA

Esta semana organizouse unha exposición na bilioteca do colexio, enmarcada dentro do Proxecto E ti, que pintas? África. Hai que agradecer o labor realizado tanto á coordinadora da bilioteca, como a Salvador e María, membros do Centro de Arte Atlántica. Achegaron ao colexio valiosas pezas de arte africana e explicaron de xeito formidable as características e historia de cada unha ao noso alumnado e familias. Publicamos un artigo no blog da biblioteca onde podedes ver un vídeo e consultar máis información sobre a exposición premendo aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut